A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizará grupos de formación para a obtención do certificado de profesionalidade de Auxiliar de axuda a domicilio convocado recentemente dentro do proxecto de inserción sociolaboral Lugo, Cidade próxima.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Vicerreitor Adxunto de Inverstigación e de Proxección exterior do Campus de Lugo da USC, Agustín Merino, presentaron o II Maratón empresarial Universitario. Campus Enterprise que terá lugar no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo a partir do 21 de febreiro.
Trátase dun concurso por equipos integrados por alumnas e alumnos universitarias do último ou penúltimo curso da súa carreira.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou hoxe que a boa xestión dos orzamentos nestes anos de goberno permitiu que os servizos do Concello de Lugo “mellorasen extraordinariamente”. Isto fixo pensar ó seu departamento en facer pública a evolución real dos orzamentos para que os veciños coñezan cada certo tempo en que se invisten os cartos públicos.
O Concello de Lugo, mantén aberto o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, que promove a concesión de bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas de Italia e Polonia.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, indicou que no a no 2007 máis de 1500 persoas participaron nas actividades organizadas polo Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.
O luns, día 7 de xaneiro, dará comezo en Lugo de xeito oficial, a primeira tempada de rebaixas do ano. As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.
Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival.
A empresa lucense Control Industrial, Métodos y Ensayos S.L., CIMESA, que ten a súa sede no CEI e foi un dos proxectos empresariais desenvoltos ao amparo das políticas de apoio e promoción dos novos emprendedores da cidade, convertiuse o pasado mes de decembro na primeira empresa de Galicia en recibir a acreditación de Empresa Colaboradora da Administración nas especialidades de Alta Tensión e Baixa Tensión.
Recibiu esta distinción de OCA (Organismo de Control Acreditado) tras un proceso moi laborioso e exixente, que comezou cos trámites de acreditación ante ENAC (Empresa Nacional de Ac
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou xunto a Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, os obradoiros de formacion que se están a desenvolver no CEI dentro do programa “Lugo, Cidade Próxima!” que xestiona a Concellería de Emprego.
O mandatario municipal e as ediles asistiron a unha práctica de desbroce con motoserra e conversaron cos alumnos participantes no curso de Traballador Forestal e o seu monitor, que explicou como se incide na formación en previvención dos riscos laborais propios deste sector e como se orienta dun
Un total de 38 concellos da zona centro da provincia tomarán parte no proxecto, que ten como obxectivo incrementar a xestión coordinada dos recursos públicos que se destinan a políticas laborais
O Pacto Territorial de Lugo cubrirá unha poboación de 220.000 persoas, con 89.000 traballadores e menos de 10.000 parados
Santiago, 21 de decembro de 2007.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, que nace coa misión de planificar políticas laborais por un valor aproximado de 37 millóns d
Este xoves, 20 de decembro, remata o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e para actualizar os seus coñecementos nesta materia, achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- …
- seguinte ›
- última »