A cidade de Lugo foi pioneira en Galicia neste tipo de iniciativas
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitou o II Maratón Empresarial Universitario. Campus Enterprise, que o Concello e a Universidade organizan por segundo ano consecutivo no Centro municipal de Empresas e Innovación (CEI).
Nesta edición participan 22 mozas e mozos universitarios entre os que destaca a presenza maioritaria de mulleres -14 do total-.
O Concello de Lugo, amplia o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, para solicitar bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas Polonia.
A Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, anunciou que o Centro de Empresas e Innovación (Cei) recibiu a resolución do IGAPE para integrarse nesta rede galega de organismos de apoio aos emprendedores. Sonia Méndez destacou “que formar parte dunha rede xa consolidada e que respecta a autonomía servirá para reforzar os servizos e sumar esforzos para aproveitar as reciprocidades existentes entre estas organizacións”.
O IGAPE está integrado por distintos viveiros de empresas de Galicia e puntos PAIT (punto de asesoramento e inicio de tramitación).
A Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local do programa “Lugo Emprego Activo” para o que se solicitará, a través do Ministerio de Administraciones Públicas, unha subvención do Fondo Social Europeo por valor de 2.300.000 euros.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou a segunda charla do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal.
Unha ampla representación de autoridades políticas, económicas e sociais da provincia de Lugo deuse cita hoxe no Pazo de Feiras e Congresos para asistir á inauguración de Fimoble 2008. A que hoxe é a feira máis importante das que se fan arredor do sector do moble en Galicia, espera superar as cifras de negocio do pasado ano (1,5 millóns de euros). 90 fabricantes de mobles de toda España e Portugal que amosarán as súas últimas tendencias en 10.000 metros cadrados de exposición.
Que Lugo non recibise nunca un Urban e que o que presenta o Concello este ano conte co apoio de todas as institucións e forzas vivas lucenses, son dous aspectos que o Ministerio de Economía e Facenda, concretamente o departamento de Fondos Comunitarios, terán moi en conta á hora de decidir para onde vai a axuda para o proxecto este ano.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, dixo en anteriores ocasión, e hoxe reiterouno na xuntanza mantida co Director Xeral de Fondos Comunitarios, José Antonio Zamora, que “é de xustiza que Lugo reciba a Iniciativa Urban este ano”.
López Orozco man
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá mañá ás 12:30 en Madrid unha entrevista co Director Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, José Antonio Zamora, para explicarlle en primeira persoa todas e cada unha das propostas que recolle o Plan Urban presentado polo Concello de Lugo.
Este é un paso máis por parte do principal responsable municipal no arduo camiño para conseguir que a cidade de Lugo obteña os fondos europeos do Plan Urban, iniciativa á que xa optou noutras dúas ocasións con gobernos diferentes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, asistiron hoxe á clausura do proxecto Lugo Social. Neste programa, encadrado no Eixo 1 do Programa de Iniciativa Comunitaria Equal España e liderado polo Concello de Lugo, participaron preto de 200 persoas.
En Lugo Social destacou a ampla participación de mulleres, foron 105, con respecto aos homes que só foron 94, e tamén o número de inscripcións iniciais, que superaron as 450.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, asistiron hoxe á clausura do proxecto Lugo Social. Neste programa, encadrado no Eixo 1 do Programa de Iniciativa Comunitaria Equal España e liderado polo Concello de Lugo, participaron preto de 200 persoas.
En Lugo Social destacou a ampla participación de mulleres, foron 105, con respecto aos homes que só foron 94, e tamén o número de inscripcións iniciais, que superaron as 450.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- …
- seguinte ›
- última »