O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela firmaron un
convenio de colaboración entre as dúas entidades para a implantación do Plan de
Emergencia Municipal e o seu desenvolvemento no próximo ano. O Concelleiro de
Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, e o Vicerrector de Coordinación do
Campus da USC en Lugo, Carlos Herrera asinaron este convenio polo que a
universidade prestará un servizo de asesoramento e asistencia técnica na área de
sistemas de información xeográfica para o Concello.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ó Ministro de Transportes de Italia, Alessandro Bianchi, e ó Conselleiro da Casa Real de Marrocos, André Azoulay.
Esta visita forma parte dunha viaxe que as autoridades están a realizar por Galicia acompañados polo Presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja.
Alesandro Bianchi, que naceu en Roma, foi reitor da Universidade de Regio Calabria e incorporouse á Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España o pasado 18 de outubro no acto de inauguración do c
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deu conta dos asuntos tratados na primeira xuntanza mantida cos representantes da oposición para darlles a coñecer as propostas do goberno local en materia de Ordenanzas Fiscais para o ano 2008.
Méndez suliñou que a intención do goberno é chegar a acordos cos distintos grupos políticos para que as Ordenanzas entren en vigor a partir do 1 de xaneiro.
A proposta do equipo de goberno inspírase “nun principio que vimos mantendo ó longo destes anos, que é o de non incrementar os impostos máis do correspondente ó IPC que para este ano é do 2.2%”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1885
- 1886
- 1887
- 1888
- 1889
- 1890
- 1891
- 1892
- 1893