O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio Casás.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
A Escola Infantil Serra de Outes vén de publicar a relación provisional de admitidos para o curso 2007/2008.
Esta lista poderá consultarse dende mañá, venres, até o día 21 deste mesmo mes na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.
Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).
O prazo de presentación de reclam
O Concello de Lugo celebrará dende o luns o Día de Internet cun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades.
Unha nova aplicación na web municipal, estará dispoñible dende o luns e até o mércores para a participación. Nesta ocasión será un programa de debuxo on line o que se ofrecerá á participación.
O Centro Social Uxío Novoneyra pecha o venres unha programación elaborada para os escolares sobre a figura de Mozart.
O Concello de Lugo ten xa aberta a través da dirección www.pintaconnos.com un concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades. Esta actividade foi programada pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, para conmemorar o Día de Internet.
Unha nova aplicación na web municipal, está dispoñible até o mércores para a participación. Trátase dun debuxo on line no que poderán participar todos os que o desexen.
O Concello de Lugo ampliou até o domingo o prazo de participación no concurso de debuxo on line organizado con motivo da celebración do Día de Internet.
A través da dirección www.pintaconnos.com pódese participar nun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades. Esta actividade foi programada pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, para conmemorar o Día de Internet.
Pódese acceder a este xogo dende a nova aplicación na web municipal.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle as últimas xornadas da mostra “Rosalía Ilustrada”, organizada pola Concellería de Educación, q ue dirixe María Dolores Vieiro, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e a Casa Museo Rosalía de Castro, e que pechará as súas portas o venres.
A mostra estivo aberta ao público polas tardes mentres que pola mañá foron os grupos de escolares os que realizaron esta visita guiada.
A mostra recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos.
A masiva participación que rexistrou o certame organizado pola Concellería de Servizos Xerais para conmemorar o Día de Internet animou ao Concello a ampliar o número de premios do concurso de debuxo on line “Pinta con nós” de 4 a 24 premios. Os 24 galardóns serán entregados polo Alcalde, José López Orozco, nun acto que terá lugar o mércores, día 23, ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Entre os gañadores repartiranse dúas consolas Nintendo DSLite, dous teléfonos móviles de última xeración, dez teléfonos inalámbricos e dez aparatos radiofónicos.
A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, clausura mañá, xoves, o programa de formación do profesorado para a mellora da conviviencia na aulas Vivir xuntos, convivir.
O acto de clausura terá lugar ás sete da tarde no Centro Social Uxío Novoneyra cunha reunión á que asistirán Concelleiros de Delegados das Consellerías da Xunta de Galicia.
Esta nova edición supuxo unha continuidade co ano pasado e seguiu coordinada polo orientador Manuel Blanco Rábade, coa mesma temática e o mesmo sistema de traballo.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a posta en marcha dun circuíto de bicicletas en virtude dun convenio co INEGA.
Un total de cen bicicletas estarán a disposición dos lucenses en cinco puntos diferentes para a utilización de distintas rutas. Este proxecto ten un orzamento de 140.000 euros e terá unha xestión de uso totalmente informatizada con disponiblidade para 3.000 usuarios.
Neste circuíto haberá cinco bases para recollida e depósito das bicicletas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- 1870
- 1871
- 1872
- 1873
- 1874
- …
- seguinte ›
- última »