A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, recibiu esta mañá a un grupo de estudantes de 4º de ESO do IES de Lalín que están de visita na cidade acompañados polos seus profesores de Lingua, Historia e Matemáticas.
O acto tivo lugar ás doce desta mañá no Salón de Plenos do Concello onde Luisa Zarzuela conversou cos 32 rapaces aos que lles preguntou polos seus hábitos alimenticios e lles animou a coidar a súa alimentación para gozar dunha boa saúde na madurez.
Asimesmo, convidoulles a compartir cos seus pais e os seus avós os seus coñecementos en novas tecnoloxías, pois
O Concello de Lugo acollerá os días 26 e 27 de abril o II Foro de Cidades Digitales de Galicia, para o que xa están inscritas 118 persoas, nun evento qu eten como capacidade máxima 125 perosas.
Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e conta coa participación de distintas cidades, as que xa teñen o distintivo de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.
Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Seg
Unha charla sobre a alfabetización dixital dará continuidade mañá, martes, ao programa “Aprender para educar”, organizado pola Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega.
Trátase dunha serie de conferencias formativas dirixidas a pais e nais do Concello de Lugo.
Mañá, xoves, comezará en Lugo o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, para o que xa están inscritas 130 persoas, superando as expectativas previstas.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 27 de abril, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Avda. García Portela
Avda.
Lugo presentou os seus proxectos no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia, que se está a celebrar no Gran Hotel e está organizado polo Concello da capital. O Alcalde de Lugo, o Conselleiro de Traballo, o Rector da Universidade de Santiago e a Concelleira de Servizos Xerais inauguraron o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que están están inscritas 130 persoas, superando as expectativas previstas.
Na inauguración oficial, o Alcalde apostou por “familias dixitais” para que todos os seus membros saiban empregar as novas tecnoloxías.
O programa Conéctate en Lugo continúa esta semana nos barrios das Gándaras, da Estación e do Sagrado Corazón.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco; e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, clausuraron esta mañá o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que participaron 130 persoas, superando as previsións da organización.
No trancurso de dúas xornadas, Lugo concentrou e serviu de escaparate para os proxectos das outras cidades dixitais existentes en España ou en proceso de formación.
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o día 2 de abril o Torneo de Xadrez de Semana Santa, organizado dentro do circuíto Camiño do Scacorum pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.
Haberá cinco categorías para a participación: menores de 8 anos, menores de 10, menores de 12, menores de 14, menores de 16 e menores de 20 anos, ademais dunha categoría para os familiares dos participantes.
O torneo celebrarase o luns, día 2, entre as once e a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta tarde as XII Xornadas Internacionais de Enfermería que terán lugar entre o 21, 22 e 23 de marzo no auditorio da Facultade de Veterinaria. Organizadas pola Escola Universitaria de Enfermería de Lugo e o Colexio Oficial, as xornadas tentarán abordar os novos retos desta profesión.
O Alcalde desexoulles sorte ós profesionais, procedentes de diversos puntos de España e do estranxeiro, e animounos a organizar as vindeiras xornadas, un reto cada vez máis complicado “ya que lo difícil es dar continuidad en el tiempo”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- 1870
- 1871
- 1872
- 1873
- …
- seguinte ›
- última »