Convocadas as eleccións municipais para o vindeiro 27 de maio, o Concello de Lugo comunica que xa está exposto ó público o censo electoral ata o 16 de abril (incluído). Todos os veciños e veciñas empadroados no municipio poderán consultar a súa correcta inscrición ou, no caso pertinente, facer as reclamacións oportunas.
A consulta é informática e deberá realizarse persoalmente, xa que é un trámite necesario e convinte para garantir o exercicio do dereito ó voto.
Unha charla sobre a Axenda 21 Escolar dará continuidade mañá, xoves, ao programa “Aprender para educar”, organizado pola Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega.
Trátase dunha serie de conferencias formativas dirixidas a pais e nais do Concello de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 13 de abril, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Xermán Alonso
Rúa Chantada
Rúa da Baixa
Camiño da Estrela
Praza Fonte dos Ranchos
Avenida das Americas
Rúa Músico Falla
Rúa Mestre Soutullo
Avenida Marqués de Ombreiro
Rúa Río Lea
Rúa Río Mandeo
Rúa López Cuevillas
Rúa Río Masma
Rúa Río Sar
Rúa Río Eume
Rúa Río Landro
Rúa Río Azumara
Rúa Pousadela
Ronda do Carmen
Rúa Monte Picato
Rúa Cabo Estaca de Bares
Rúa Ved
O Concello de Lugo acollerá os días 26 e 27 de abril o II Foro de Cidades Digitales de Galicia, segundo indicou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.
Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e contará coa participación de distintas cidades, das que xa teñen o distintito de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.
Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia.
A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes pecha mañá, xoves, o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.
Unha vez rematado este tempo, abrirase un prazo novo de solicitude de matrícula para novas incorporacións.
O Concello de Lugo inicia o luns a campaña de achegamento aos cidadáns das novas tecnoloxías que leva por título “Conéctate en Lugo”.
Trátase dunha campaña masiva de formación ao cidadán, dirixida a todos os públicos pero máis orientada a maiores de 55 anos ou a mulleres que non traballen fóra do fogar.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Manuel Mallo.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 20 de abril, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Ronda da Muralla (entre Bispo Odoario e Porta Santiago)
Rúa Santiago
Rúa Frai Plácido Rei Lemos
Rúa do Vicedo
Travesía do Carme
Camiño Regueiro dos Hortos
Rúa Troneiro
Calzada da Ponte
Rúa do Cruzamento
Mirador Volta da Viña
Camiño do Balneario
Paseo Álvaro Cunqueiro
Rúa Fermín Rivera
Rúa Vella da Ponte
Carretera Vella de Santiago
Repaso de Avda.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle a mostra “Rosalía Ilustrada”, organizada pola Concellería de Educación en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e a Casa Museo Rosalía de Castro.
A mostra estará aberta ao público polas tardes mentres que pola mañá serán grupos de escolares os que realizarán esta visita guiada.
A mostra recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos.
O Concello de Lugo continuará a próxima semana co seu programa de achegamento aos cidadáns das novas tecnoloxías “Conéctate en Lugo” nos barrios da Milagrosa, Albeiros e Paradai.
Trátase dunha campaña masiva de formación ao cidadán, dirixida a todos os públicos pero máis orientada a maiores de 55 anos ou a mulleres que non traballen fóra do fogar. Está relacionada coa posta en marcha do proxecto Lugo Dixital e Lugo Singular e está previsto que participen no mesmo máis de tres mil persoas.
A semana do 23 ao 27 os formadores estarán en dous puntos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- 1870
- 1871
- 1872
- …
- seguinte ›
- última »