O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Sagrado Corazón.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela recibiu hoxe a un grupo de 50 estudantes do Instituto de Ensino Secundario A Paralaia, de Moaña, que están de visita na cidade dentro dun programa de fomento da lingua galega.
Durante a visita, a Concelleria falou da igualdade e da paridade existente no Concello de Lugo e felicitou a un grupo de mozas que teñen previsto estudar informática, “un mundo reservado aos homes pero que ten que cambiar”.
A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes abre hoxe o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.
O prazo para realizar esta reserva estará aberto até o día 15, cando se abrirá o tempo de solicitude de matrícula para novas incorporacións.
A Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega, porán en marcha a próxima semana unha nova edición do programa “Aprender para educar”.
Trátase dunha serie de conferencias formativas para pais e nais do Concello de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 23 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas zonas de Fontiñas e San Roque.
Nestas dúas rúas actuarán durante todo o percorrido e tamén traballarán na ronda das Mercedes.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
A máxima responsable do departamento educativo galego explicou que o novo Centro de Formación Profesional permitirá “redistribuír a oferta das familias profesionais de Lugo
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, visitou esta mañá, acompañada pola Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, os Institutos de Educación Secundaria (IES) A Piringalla e Ánxel Fole de Lugo, onde puido coñecer as obras realizadas pola Administración educativa nestes centros, cun investimento de máis de 1 millón de euros.
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, pecha mañá, venres, unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Un total de 700 alumnos están a participar nesta nova edición, a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.
As reunións informativas estiveron a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Menéndez y Pelayo.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 30 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas rúas situadas entre San Roque, San Fernando, Otero Predaio e Montero Ríos.
Porta San Pedro
Rúa Montero Ríos
Carril de Caiñós
Rúa Dr.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o mércores, día 4 de abril, o Servizo de Desratización actuará nas rúas situadas entre a Ronda da Muralla e a Milagrosa, concretamente nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Concepción Arenal
Rúa do Esquecemento
Rúa García Abad
Rúa Pintor Tino Grandío
Rúa Doutor Yáñez Rebolo
Rúa Pintor Luis Seoane
Rúa Pintor Villamil
Rúa da Milagrosa
Rúa Camiño Real
Rúa do Pombo
Rúa Río Ser
Praza de Alacante
Rúa Lamas de Prado
Rúa Tui
Rúa Mondoñedo
Rúa Pontevedra
Rúa do Freixo
Rúa Betanzos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1863
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- 1870
- 1871
- …
- seguinte ›
- última »