O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu esta tarde dúas reunión para renovar as prazas vacantes no Consello Escolar Municipal. Ao fronte das reunións estivo a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro.
Na primeira reunión foi escollida como representante dos alumnos Eugenia Vázquez Pereira, do IES Lucus Augusti.
Na reunión das sete da tarde, á que estaban convocados os directores do centros de Infantil e Primaria, foi escollido como representante de Primaria Carlos Rodríguez Ocampo, director do CEIP Quiroga Ballesteros.
Os almorzos saudables, que celebra o Concello de Lugo dende hai catro anos, continuarán esta semana en catro colexios máis, unha vez que deran comezo o 15 de xaneiro.
Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render completamente no colexio.
O Movemento Renovación Pedagógica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT inicia as súas actividades formativas, do presente ano, cunhas xornadas de 13 horas de duración, homologadas pola Conselleria de Educación.
Estas xornadas, tituladas: “Educar con retos: Autismo e trastornos de desenvolvemento”, pretenden dar resposta ao interese do profesorado por temas relacionados coa intervención con alumnado de NEE.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 2 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas do centro histórico:
Praza Maior
Rúa Campo Castelo
Rúa San Pedro
Praza do Cantiño
Rúa Nóreas
Rúa Progreso
Rúa do Teatro
Rúa Ánxel Fole
Rúa Xoán Montes
Rúa da Raíña
Rúa San Marcos
Praza do Ferrol
Rúa San Fernando
Rúa Manuel Amor Meilán
Rúa Bolaño Rivadeneira
Rúa Tuñas Bouzón
Rúa Quiroga Ballesteros
Rúa Teniente Coronel Teixeiro
Carril do Soído
Carril do Mercado
Rúa Armañá
A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata esta semana coa visita aos tres últimos colexios inscritos neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.
Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render durante toda a xornada no colexio. Esta iniciativa serviu de exemplo para o Ministerio de Sanidade.
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o luns de Entroido o tradicional Torneo de Xadrez, que se celebra por terceiro ano consecutivo organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.
O torneo comezará ás dez e media da mañá e se prolongará até a unha e tamén de cinco a sete da tarde.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 9 de marzo, o Servizo de Desratización actuará en todo o trazado da avenida da Coruña, comprendida entre a porta de San Fernando e o alto de Garabolos.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, dará comezo mañá, venres, unha nova edición do programa Arqueoloxía na Escola, que tivo a súa orixe hai dous anos.
Neste programa participarán preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
O Consello Veciñal celebrou a primeira reunión deste ano o pasado mércores pola tarde. A cita reuniu á Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, cos restantes membros do Consello, que está formado por un representante de cada grupo político, un representante das asociacións federadas e outro das non federadas.
Luisa Zarzuela aproveitou para informar sobre o novo regulamento orgánico municipal do pleno que foi aprobado recentemente e atópase na fase de alegacións.
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, abriron esta mañá o ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo.
Neste programa participarán preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1861
- 1862
- 1863
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- …
- seguinte ›
- última »