O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 26 de outubro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Fonte dos Ranchos
Marqués de Ombreiro
Avda. das Américas
Ronda do Carme
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou os datos reais que conforman o proxecto de empresa mixta de auga “apoiándonos na lóxica clásica, hai un principio que di que do falso se segue calquera cousa”. López Orozco explicou que o BNG parte de datos falsos ó criticar o proxecto de goberno para a creación desta empresa municipal. “Non se trata de privatizar o servizo senón crear unha empresa mixta con capital municipal e capital privado na xestión. Non é como se fixo no Concello de Allariz onde si se fixo unha concesión de auga, é dicir unha privatización do servizo.
Dende mañá día 27 de outubro ata o venres 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal. O recinto permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle ós lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas con motivo da celebración de Todos os Santos.
Por outra banda, como todos anos pola festividade do día de Todos os Santos celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos o martes 29 e o mércores 30 de outubro.
Pola celebración da festividade do día de Todos os Santos, o Concello de Lugo organizou unha serie de actos e medidas especiais de funcionamento no cemiterio municipal.
Xa dende o 27 de outubro o recinto do cemiterio permanece aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas. Este horario de apertura manterase ata o día 2 de novembro inclusive.
O día 1 de novembro aberá actuacións do grupo de música clásica Straniki.
O Concello de Lugo prepara xa a II edición da Ludusparty.net, unha cita ineludible na nosa provincia para os amantes da tecnoloxía e a innovación.
O Concello rendiu unha homenaxe aos lucenses falecidos coa celebración da tradicional ofrenda do Día dos Defuntos que realiza a Corporación Municipal en homenaxe á súa memoria.
O Alcalde Accidental, Francisco Fernández Liñares, presidiu este acto, que ten un carácter laico para que todas as relixións e as persoas aconfesionais ou ateas estean representadas nesta loubanza ao seu recordo.
O Xardín das Lembranzas foi o marco escollido para realizar a ofrenda.
Os cursos de micoloxía que cada ano organiza a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, e que realizan decenas de lucenses, comezan o vindeiro luns día 5 de novembro.
Así, o luns, día 5 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o 9 deste mes e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días10 e 11 .
Para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 12 ó 16 de outubro con saída o 17 e 18 de novembro.
As clases teóricas impartiranse no centro social Uxío Novoneyra de oito da tarde a nove e me
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
A edil explicou que as actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e de actualizar os seus coñecementos nesta materia achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe os terreos onde se atopaban as antigas factorías de Abella e Frimisa e onde xa remataron os traballos de demolición.
Segundo anunciaron, os traballos de urbanización dos terreos, previos ao comezo da edificación, darán comezo o luns.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o construtor Jesús Pernas, en nome da Xunta de Compensación do polígono, visitaron o inicio das obras de urbanización da Sur-K, situada entre Augas Férreas e Montirón.
A urbanización de 296.790 metros cadrados da Xunta de Compensación é para o Alcalde de Lugo “un exemplo de cómo se pode desenvolver a unidade de actuación máis ampla actualmente en vigor, xuntando máis de 100 familias e sumando máis de 170 parcelas diferentes”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1857
- 1858
- 1859
- 1860
- 1861
- 1862
- 1863
- 1864
- 1865
- …
- seguinte ›
- última »