A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou esta mañá a I Xira Galega de Karting Indoor que acollerá lugo os vindeiros 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital.
O novo polideportivo do parque da Milagrosa, situado na avenida Duquesa de Lugo, acolle este domingo pola tarde o Campionato Galego Infantil de Wu Shu, patrocinado pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
Serán máis de 150 deportistas do departamento de Wu Shu dependente da Federación Galega de Iudo os que participarán nesta competición, que se desenvolverá de catro a sete da tarde.
Haberá unha competición para maiores de 14 anos con licencia en vigor polo club co que participar.
Establecéronse varias modalidades: formas individuais, por equ
O centro da cidade acollerá mañá, martes, unha nova edición de Correlingua, a carreira a prol do idioma que se convoca en varias cidades galegas como unha proposta de carácter lúdico-educativo, coa que se pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reinvindicación do dereito de falar en galego.
O Correlingua 2007, que xa vai pola súa sexta edición, acada todos os anos unha altísima participación tanto de escolares como de público en xeral.
Preto de 250 alumnos de Secundaria inugurarán este xoves a I Xira Galega de Karting Indoor que acollerá Lugo os días 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital, organizada polo Concello de Lugo, a empresa RGM e Gadisa.
O Concello continúa a súa aposta polo fomento da educación viaria e de condutas responsables na condución, polo que achega a todos os alumnos de secundaria a posibilidade de manexar un kart e de poñer en práctica a teoría aprendida nas actividades promovidas pola Parque Infantil de Tráfico.
Mañá, venres, remata en Lugo a quinta edición da “Semana da Oralidade”, organizada pola Concellería de Educación, que encabeza María Dolores Vieiro.
Preto de 250 alumnos de Secundaria participaron na I Xira Galega de Karting Indoor, organizada polo Concello, a empresa RGM e Gadisa, que acolle Lugo os días 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital.
O Concello programou esta actividade dentro da súa aposta polo fomento da educación viaria e de condutas responsables na condución, polo que achegaou a todos os alumnos de secundaria a posibilidade de manexar un kart e de poñer en práctica a teoría aprendida nas actividades promovidas pola Parque Infantil de Tráfico.
O luns remata o prazo de reclamación ás listas provisionais de admitidos na Escola Infantil Serra de Outes para o curso 2007/2008, que foi publicada o día 11.
Esta lista pode consultarse na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.
Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).
Unha vez finalizado o prazo de presentac
O Salón de Plenos acollerá o mércores, ás sete da tarde, a primeira reunión do Consello Escolar Municipal deste ano, na que se tratarán entre os temas que se demanden, as actividades que ofrece a Concellería de Educación dentro do programa escolar.
O Consello Escolar, conformado por 27 membros, entre profesores, pais, alumnos e sindicalistas, funciona neste concello dende o ano 1997. Nestes últimos catro anos celebráronse varias reunións, 2 no 2004, 3 no 2005 e 5 no 2006.
O Salón de Plenos acolleu esta tarde a primeira reunión do Consello Escolar Municipal deste ano, na que se trataron as distintas actividades que ofrece a Concellería de Educación dentro do programa escolar.
Aproveitouse tamén esta reunión para presentar a todos os membros o programa ABRED, incluído dentro do programa Lugo Dixital.
A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XI edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 2 e o 27 de xullo.
Novamente, estes cursos están dirixidos á poboación moza de Lugo, entre os 8 e os 13 anos, para car e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formaranse para as clases grupos de non máis de 20 rapaces que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1849
- 1850
- 1851
- 1852
- 1853
- 1854
- 1855
- 1856
- 1857
- …
- seguinte ›
- última »