Este sábado se disputó la segunda jornada del VIII Torneo prebenjamín de fútbol sala “Escuela Terra” que está organizado por el Azkar Lugo FS y que cuenta con la colaboración de la concejalía de Deportes del Ayuntamiento de Lugo y la federación de árbitros de Lugo y con el patrocinio de Transportes Azkar, Coca-cola y Aquarius.
O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo.
Rubén López, xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, leva xa uns días na cidade estadounidense de Las Vegas, promocionando o Open Internacional de Billar Pool que se celebrará en Lugo del 6 al 8 de xullo de 2007.
Las Vegas é a cidade máis grande do estado de Nevada (EE.UU.) e é mundialmente coñecida pola sua oferta comercial e vacacional, pero sobre todo gracias aos seus casinos.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para participar o luns, día 19, no primeiro Concurso e Degustación de orellas e filloas. Esta convocatoria está organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, dirixida por Carmen Basadre, e se atopa dentro do programa de Entroido elaborado conxuntamente por varias áreas.
Este concurso está dirixido a toda a poboación, agás a profesionais da hostalería.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil, que se celebrará o domingo día 20 nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas. O edil estivo acompañado polo Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e polo Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo, José Luis Perejón.
Esta competición achegará a Lugo a máis de 600 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc).
O sábado terá lugar a penúltima carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007, que organiza a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, patrocinada por el Centro Comercial As Termas e a marca deportiva New Balance.
A proba, que se disputará en horario de tarde, terá como saída e meta as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, dende onde partirán os corredores e corredoras para percorrer distintos circuítos no contorno das citadas pistas.
Esta carreira tiña a súa cita no Parque do Miño, pero houbo que cambiala de lugar debido a que as obras que
O Concello de Lugo organiza un campionato de pachangas entre alumnos dos IES de Xoán Montes, Lucus Augusti, A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole e Leiras Pulpeiro.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 18 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo. O prezo das entradas é de 6 euros e poderán adquirirse na taquilla da discoteca.
Lugo acolle o vindeiro domingo, día 20, o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil, que se celebrará nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas.
Esta competición achegará a Lugo a máis de 600 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc.).
O Concello de Lugo organiza un campionato de pachangas entre alumnos dos IES de Xoán Montes, Lucus Augusti, A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole e Leiras Pulpeiro. Esta actividade obedece a unha proposta realizada polos radares xuvenís que traballan nos centros mencionados e que recolleron dos propios compañeiros.
Este campionato, que comezou o pasado día 18, continúa este venres 25 de maio, desde as 17:30 ata as 20:30 horas, nas instalacións deportivas dos institutos participantes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1842
- 1843
- 1844
- 1845
- 1846
- 1847
- 1848
- 1849
- 1850
- …
- seguinte ›
- última »