O XI Congreso Internacional de Proxectos, que se celebra do 26 ao 28 de setembro na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, acollerá debates sobre a ordenación do territorio, o desenvolvemento rural, o medioambiente ou os proxectos de cooperación.
Á inauguración oficial do congreso, que se celebrou este mércores, asistiron o Alcalde da cidade, José Clemente López Orozco; a vicepresidenta da Deputación Provincial, Lara Méndez López; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o subdirector da Escola Politécnica Superior, Francisco Javier López González
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comenzou hoxe, martes 16 de outubro, a XVII Edición da Mostra de Teatro Infantil. Esta actividade organizada dende o Concello de Lugo conta cada ano con unha maior demanda.
Serán en total seis obras de teatro con varias representacións cada una de distintas compañías de renome nacional e internacional. AS representacións comezaron hoxe e se prolongarán ata o 21 de novembro.
A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, e o Director da Aula de Formación Teatral, Guillermo Cancelo, presentaron esta mañá o programa da nova edición desta actividade.
Un total de 86 alumnos participaron o ano pasado nesta aula de formación.
Xa comezou a inscrición para os distintos niveis da Escola de Perfeccionamento ao Xadrez, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro. Este ano, como novidade, inclúense tamén clases de iniciación e perfeccionamento para familiares.
Haberá diferentes grupos dependendo da idade e do nivel dos alumnos:
- Prexadrez : Para mozos/as ata os 8 anos. Sábados de 16:30 a 17:30 horas.
- Iniciación: Venres de 18:00 a 19:00 horas.
- Perfeccionamento: Xoves e venres de 19:00 a 20 :30 horas e sábados de 11:00 a 12:15 horas.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, anunciou hoxe o éxito que está a ter a XVII Mostra de Teatro Infantil organizada pola súa Concellería en colaboración con Caixa Galicia.
A XVII edición do Festival de Jazz, organizado pola Asociación de Amigos del Jazz (Escobijazz) e copatrocinado polo Concello de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia terá lugar ó longo de toda a semana.
O Centro Social de Fingoi acolle un curso homologado para o profesorado organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, dentro do programa Vivir Xuntos, Convivir. O curso terá lugar o 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de novembro e o 3, 4 e 10 de decembro de 17:30 a 20:30 horas.
É unha proposta do Concello de Lugo para ofrecer á comunidade educativa unha serie de recursos orientados á mellora da convivencia en todos os ámbitos da sociedade.
O Concello de Lugo, a través da Área de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, dará comezo o luns ás IV Xornadas de achegamento ao tear tradicional e á artesanía da lá, enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural para o primeiro bimestre do ano e organizadas polo Centro Social Municipal de Fingoi.
Nelas participarán un total de 174 alumnas e alumnos dos CEIP Anexa e Sagrado Corazón, do Colexio María Auxiliadora e do Centro de ASPNAIS de Lugo.
Desenvolveranse en dous grupos en horario de mañá (de 9:30 a 11:00 horas e de 11:30 a 13:00 horas) entre os días 8 e 11
O Mago Rafa actuará mañá, sábado, na parroquia de Recimil dentro dos actos organizados para o Nadal polas distintas parroquias en colaboración co Concello.
Esta actuación foi organizada pola Asociación de Veciños Cruceiro de San Lourenzo, en colaboración co Concello. Está prevista para as seis da tarde no local social.
Os veciños anunciaron que, unha vez rematada a intervención do mago, haberá varias sorpresas para os pequenos que vexan o espectáculo.
La ciudad de Lugo ya respira el ambiente que la Copa de España de fútbol sala trae a nuestra ciudad. A partir de este jueves 15 de marzo comenzará el torneo del KO, sin duda alguna la competición más bonita que nos puede ofrecer el fútbol sala.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1837
- 1838
- 1839
- 1840
- 1841
- 1842
- 1843
- 1844
- 1845
- …
- seguinte ›
- última »