A Concelleira de Muller e Servizos Sociais analiza nun artigo a andaina desta publicación do seu departamento
A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es. Esta publicación virtual, que cumpriu o seu primeiro aniversario o pasado mes de decembro, chega ao número dezaseis da súa andaina.
Este número ten un carácter moi especial, pois está dedicado á conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e convida nos seus artigos á reflexión e ó debate sobre a realidade social da muller.
Unha media de 600 persoas acudiron a cada unha das sete representacións da Mostra de Teatro Clásico, que remataron o luns coa posta en escea de El Trovador. Esa convocatoria está organizada dentro do convenio semestral de colaboración en materia de cultura entre o Concello de Lugo e Caixanova.
Segundo indicou a Concelleira, trátase dunha porcentaxe de público que pon de manifesto “que os certames teatrais están xa consolidados”.
A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, presentou a Guía Educativa do vindeiro curso escolar 2007-2008, da que se editaron 600 exemplares que se enviarán ós distintos centros educativos, ás asociacións de nais e pais, ás asociacións socioculturais e bibliotecas de Lugo.
Vieiro explicou que "esta guía se fai para que os cidadáns teñan conñecemento das actividades programadas e, ademáis, para cumplir coa condición de Lugo como parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE), da que forma parte dende o ano 2000".
A Concelleira destacou a continuidade do prog
A Concellería de Educación, dirixida por Dolores Vieiro, convoca unha reunión informativa que terá lugar nas instalacións da Gardería Municipal Serra de Outes o luns, día 3 de setembro, ás 17:30 horas.
A reunión celébrase por motivo do inicio do curso escolar. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da gardería e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas ós proxenitores.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou hoxe que a Consellería de Educación subvencionará a obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol do Polvorín.
Esta obra ten un orzamento de 210.000 euros e a Consellería farase cargo do 50% do custo da obra.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e os representantes do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva e FETE-UXT, José Luis Rodríguez Trigo e María Jesús Navarro Otero, presentaron o curso de información e formación do profesorado co que colabora o Concello de Lugo e que se celebrará do 17 ó 21 de setembro no IES Politécnico.
A Fundación Caixa Galicia acolle mañá, xoves, a partir das oito e media, a penúltima conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.
Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que finalizarán o 8 de marzo, nas que se están a analizar os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen.
Máis do sesenta por cento dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es afirman realizar a súa práctica deportiva diaria ao aire libre. Segundo se desprende dos datos, as zonas verdes urbanas son as preferidas.
Nesta enquisa participaron un total de 298 persoas, das que o 28,18% (84) prefiren a práctica deportiva nas zonas verdes urbanas. Así mesmo, o 17,44% (52) optan pola muralla e as rúas da cidade para mellorar o seu estado físico. A zona rural é tamén escollida por 45 persoas (o 15,10%).
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, inauguraron a VIII edición das xornadas de Inforensino.
O Alcalde quixo destacar a importancia deste encontro de profesores que reúne na cidade de Lugo a máis de 200 profesionais da ensinanza que acceden a cursos de formación para modernizar os seus coñecementos.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou a exposición “Camiño a Africa 2010” que o Concello achega a Lugo en colaboración coa Fundación Rede Deporte e Cooperación e co Clube Azkar Lugo. O edil estivo acompañado polo representante da Fundación Rede Deporte e Cooperación, Carlos de Cárcer, e o Xerente do Clube Azkar Lugo, Óscar Hermida.
Esta actividade está encadrada no programa de actividades paralelas á celebración da final da Copa de España de Fútbol Sala que terá lugar na cidade entre os días 15 a 18 deste mes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1835
- 1836
- 1837
- 1838
- 1839
- 1840
- 1841
- 1842
- 1843
- …
- seguinte ›
- última »