Os cativos das Colonias de Verán Multideporte organizadas polo Azkar Prone participarán este mércores, día 8 de agosto, nunha xornada de convivencia cos nenos do barrio do Castiñeiro.
Esta actividade encádrase dentro dun programa de xornadas de convivencia, entre os nenos que participan nas colonias do Azkar e os rapaces de diferentes barrios de Lugo, que organiza a Concellería de Muller e Servizos Sociais.
Comezará ás 10:30 da mañá e durará arredor de dúas horas. Os rapaces compartirán actividades ao aire libre cos cativos do barrio do Castiñeiro.
A Concellería de Cultura de Turismo, dirixida por Concepción Burgo, aposta por un novo sistema de información dixital para difundir as actividades culturais do municipio, sexan municipais ou non.
O mecanismo consistirá na difusión de programas e actos culturais a través dos correos electrónicos das persoas que estean interesadas e tamén na publicación dunha axenda virtual na web do Concello.
A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Pontevedra e á praia de Montalvo, encadrada na programación de actividades de verán.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director da Feira, Juan Carlos López González, e Rubén López, Xerente da Fundación Ferias, presentaron FIMOBLE, a primeira feira internacional do moble que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre o 26 e 29 de abril. López Orozco destacou que a elevada participación "xa augura o éxito no que se refire á exposición" desta feira que pretende ser a máis importante de Galicia dentro do sector.
"Somos unha provincia que produce moita madeira, con empresas importantes no sector, con exportacións notables...
A Concelleira de Muller e Servizos Socais, Carmen Basadre, recibiu ás 11:30 horas no Salón de Plenos do Concello ao grupo de nenos saharauis que están a convivir durante o verán con nove familias lucenses.
Esta recepción encádrase dentro do convenio de colaboración entre o Concello e a ONG “Solidaridade Galega co Pobo Saharaui” para o proxecto “Vacacións en Paz”.
A edil felicitou ás familias de acollida pola súa solidariedade e pola súa lección de convivencia.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou un balance das actuacións desenvoltas pola Oficina Municipal de Atención ao Inmigrante e ao Emigrante Retornado durante os primeiros seis meses deste ano.
Un total de 996 persoas solicitaron os servizos desta oficina, que conta cun equipo de traballo conformado por unha avogada, dúas traballadoras sociais e unha auxiliar administrativa que prestan atención no Centro Social Uxío Novoneyra e no Centro Social da Milagrosa.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais, dirixida por Carmen Basadre, organiza tres excursións á exposición de El Señor de los Anillos que ten lugar na fundación Caixa Galicia de A Coruña.
Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro das actividades de verán organizadas polo departamento que dirixe Basadre.
A Concelleira de Cultura aumentará o orzamento da Biblioteca Municipal e prepara políticas para seguir impulsándoa.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que porá en marcha o Concello de Lugo a partir do 22 de marzo e que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Esta iniciativa enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca, que xa están dando os seus froitos no aumento do número de préstamos e socios.
A Concelleira de Cultura aumentará o orzamento da Biblioteca Municipal e prepara políticas para seguir impulsándoa.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que porá en marcha o Concello de Lugo a partir do 22 de marzo e que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Esta iniciativa enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca, que xa están dando os seus froitos no aumento do número de préstamos e socios.
As actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo continúan na segunda quincena do mes de agosto con novos cursos que se celebrarán nos centros sociais municipais e nas instalacións deportivas.
A piscina municipal de As Pedreiras acollerá nos meses de agosto e setembro os Cursos Intensivos de Natación para nenos de entre 3 e 9 anos. Os cursos abarcan distintos niveis de aprendizaxe e ofertan 102 prazas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1824
- 1825
- 1826
- 1827
- 1828
- 1829
- 1830
- 1831
- 1832
- …
- seguinte ›
- última »