O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa o venres cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Sempre Xonxa”.
Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades, que rematan o próximo venres, día 25. Todas elas teñen un recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
Máis de 80 postos conforman a Feira de Produtos típicos de Entroido, que se celebrará, como é tradicional, o sábado pola mañá na praza da Soidade.
Esta feira está organizada polo Concello e a inscrición para participar na mesma continúa aberta até mañá, venres, que coincide co día de mercado. Actualmente, confirmaron a súa presencia 84 persoas.
Novamente venderanse nesta feira produtos típicos destas datas, como verduras de inverno, carne de cocho e repostería tradicional, como orellas e filloas.
A Oficina de Atención a Persoas Inmigrantes realizará dende o luns un novo curso de alfabetización informática dentro das iniciativas postas en marcha por este servizo para a integración laboral deste colectivo.
O curso terá lugar dende o luns e até o 1 de xuño polas tardes, concretamente de catro e media a sete e media. Isto suporá un total de 30 horas lectivas.
O Alcalde, José López Orozco, participou na presentación oficial do número VII da revista Criterios, nun acto que se celebrou no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia ás oito da tarde do mércores.
O edil estivo acompañado polo Presidente da Fundación de Estudios Políticos e Sociales, Antonio Campos Romay; o presidente da Fundación Caixa Galicia, Mauro Varela; e o Vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea e director da revista, Manuel Peralbo Uzquiano.
O pregón a cargo de Gerardo Jesús Cao Peón, presidente da asociación de antigos alumos da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón dará mañá, venres, o pistolezao de saída ao programa festivo de Entroido deseñado polas Concellerías de Cultura, de Muller e Benestar Social, de Xuventude e de Deportes.
O pregoeiro destaca no mundo da cultura municipal pola súa aportación como organizador da Feira Medieval que se celebra en Lugo con motivo das festas de San Froilán.
Unha vez finalizado o pregón, que se pronunciará na Casa do Concello ás oito da tarde, actuarán as charangas Trompo das Nie
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa ese sábado co programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.
A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte).
O Concello de Lugo realizará unha viaxe á aula da natureza do Veral, organizada dentro das actividades de Animación Sociocultural da Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Esta excursión terá lugar o 20 de xuño, entre as dez e a unha da mañá, e o prazo de inscrición para a mesma realizarase os días 23, 24 e 25 deste mes, en horario de mañá (de dez a unha) e de tarde (de cinco a sete).
Esta excursión está destinada a toda a poboación a través dos centros sociais de Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra e Milagrosa, cun límite de oito prazas por centro.
O gran concurso de disfraces para rapazas de rapaces de Lugo será o prato forte da programación de Entroido do sábado, programación que foi deseñada polas Concellerías de Cultura, de Muller e Benestar Social, de Xuventude e de Deportes.
O concurso terá lugar, como é tradicional o sábado a partir das cinco da tarde. Haberá dúas categorías, de disfraz convencional e disfraz reciclado, con premios para os tres primeiros clasificados en individual, parellas e comparsas. Novamente, os agasallos serán lotes de libros.
Lugo acollerá dende o próximo luns e até o 13 de xuño a oitava edición das Xornadas de Artes Escénicas, levadas a cabo pola colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social, a Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.
Estas xornadas foron presentadas esta mañá por parte da Concelleira responsable de área, Carmen Basadre, a directora do Colexio Fingoi, Asunción Fernández, e a coordinadora da mostra, Paloma Lugilde.
Esta mostra foi creada para incentivar o teatro nos centros educativos, como un lugar de práctica e de ensino.
O prazo de inscrición para participar no Gran Concurso de disfraces para adultos do Concello de Lugo pechou este luns ás dúas da tarde con preto de 300 participantes inscritos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1817
- 1818
- 1819
- 1820
- 1821
- 1822
- 1823
- 1824
- 1825
- …
- seguinte ›
- última »