O Concello de Lugo realizou no que vai de ano unha grande labor na presentación de proxectos que conseguiron obter un bó número de axudas de organismos pertencentes ó Goberno Central e Autonómico, así como de distintas entidades financieiras. A calidade dos proxectos elaborados polo Concello conseguiron unha axuda que alcanza unha cifra próxima ós cinco millóns de euros.
O Goberno Local invertiu estas axudas recibidas en proxectos de gran interés social, chegando a poñer ata 86 iniciativas en marcha.
Un 73,38% dos lucenses que participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es afirman estar a favor da declaración da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Galego, tal e como pretende a Concellería de Cultura, que está elaborando o dossier obligatorio para esta solicitude.
Nesta enquisa participaron máis de mil persoas, das que 783 están a favor desta medida mentres que 248 (o 23,24%) opinan que aínda non merece tal distinción. Pola súa banda, 36 persoas (o 3,3%) afirman non ter unha opinión definida.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, guiou a visita ás obras de construción do novo centro social de Entrecarrís, situado no Carril das Hortas, que realizou o Director Xeral de Benestar Social, Bieito Seara, este xoves ás 12:30 horas.
A edil explicou que os traballos están moi avanzados xa que a estrutura do edificio xa está construída e os traballos de instalación de tabiques interiores que delimitan as distintas estancias están completados.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe as VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar en Lugo do xoves 22 ó sábado 24 de novembro. As xornadas centraranse no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, oas testemuñas directas da violencia contra as súas nais e que sofren un abuso emocional moi forte.
As xornadas abriranse co relatorio da psicóloga Sofía Czalbowski sobre a Intervención psicolóxica cos menores fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pecha mañá, xoves, a que será a última actuación desta segunda edición do programa Xoves con Arte.
Nesta ocasión trátase da obra de teatro “El Día del Padre”, a cargo da Compañía Reló. A obra é unha comedia que xira sobre a paternidade.
Suso de Toro lerá en Lugo o manifesto conxunto do FOP nun acto aberto ó público no Instituto Lucus Augusti
Lugo acolle, en conmemoración polo Día Mundial da Liberdade de Prensa, un acto conxunto que reunirá a todas as organizacións do Foro de Organizaciones de Periodistas (FOP). Será este xoves, día 3 de maio, no Instituto Lucus Augusti. É a primeira vez que que se realiza un acto destas características, no que participen todas as organizacións do FOP.
A Concellería de Cultura e Turismo celebrará dende o xoves e até o domingo a cuarta edición do Festival Interfolk, que pretende converter a Lugo nun lugar de encontro de culturas do Camiño Primitivo.
Esta cuarta edición, que se volverá celebrar na praza de Santa María durante catro días con concertos a partir das dez da noite, reúne este ano a catro grandes artistas recoñecidos e coñecidos e aplaudidos en todo o panorama artístico.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais presentou novas actividades de carácter lúdico que organiza a súa concellería para os vindeiros días.
A primeira delas é o I Magosto Popular pola Tolerancia, que continúa co costume de anos anteriores de celebrar o tradicional magosto, pero que este ano introduce como novidade que servirá de encontro intercultural para todos os cidadáns de Lugo.
Un concerto de clave da continuidad el lunes al Festival de Música Cidade de Lugo, que coincide con la XXXV Semana del Corpus. El que ya está considerado como el mejor festival de música clásica de Galicia está organizado por la Concejalía de Cultura -que dirige Concepción Burgo- a través de Víctor Carou y subvencionado por Caixa Galicia.
Esta edición del festival cuenta con diferentes estilos musicales repartidos en 16 conciertos protagonizados por las grandes estrellas del panorama lírico mundial.
O Concello de Lugo e Caixanova presentan el jueves, a las 20.30 horas, dentro del ciclo “Periodismo Siglo XXI”, la conferencia de Mª José Roselló, en el Círculo de las Artes de Lugo. La experta en nutrición y dietética impartirá la conferencia “La importancia de comer sano”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1814
- 1815
- 1816
- 1817
- 1818
- 1819
- 1820
- 1821
- 1822
- …
- seguinte ›
- última »