O prazo para tramitar a inscrición nos actos da quinta edición da Festa dos Maiores remata este mércores, día 12 de setembro. Os interesados en participar poden inscribirse entre o 4 e o 12 de setembro nos distintos centros sociais municipais da cidade de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. Os veciños da zona rural póden tramitar as súas solicitudes poñéndose en contacto cos pedáneos correspondentes.
O prezo de inscrición e de 7,50 euros por persoa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu este mediodía en Cádiz das mans da Ministra de Cultura, Carmen Calvo, o Premio "Ciudades Patrimonio de la Humanidad" que concede este Ministerio. "Os lucenses témonos que sentir orgullosos grazas ó traballo en común que temos feito pola Muralla", afirmaba hoxe emocionado o mandatario municipal.
O Ministerio de Cultura premiou ó Concello de Lugo polo esforzo inversor executado nos últimos anos, dende que a Muralla mantén o título de Patrimonio da Humanidade.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Delegado Provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez e o Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Miguel Ángel Fernández, presentaron no Concello a posta en marcha do Proxecto Abred.
O Curso de Primavera da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo analizará entre os vindeiros días 16 e 20 de abril o papel das Humanidades no eido educativo, cultural e social, nunha iniciativa enmarcada no programa de actividades de Lugo Cultural. Este curso, que se celebra por terceiro ano consecutivo, pretende invitar á reflexión sobre a tradición, o estado presente e as perspectivas de futuro dos estudos humanísticos.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou a nova programación de actividades socioculturais deseñada pola súa concellería.
O programa desenvolverase nos distintos Centros Sociais Municipais entre o 15 de outubro e o 31 de maio.
A Mostra de Teatro Cidade de Lugo voltará por quinto ano consecutivo aos escenarios lucenses a partir do 20 de abril, organizado polo Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, a Escola de Arte e Lecer e a Plataforma de Grupos de Teatro de Lugo.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Vicerreitor de Cultura, Elías Elías Torres Feijoo; a Directora da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández e Camilo Santos, do grupo Achádego, presentaron esta nova edición, que contará coa participación dun total de oito grupos: dúas compañías de teatro e títeres da USC de Lugo, c
A Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero convoca o Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero ó que poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, indicou que os deseños contribuirán a destacar o tema da violencia de xénero, debéndose centrar no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da vi
O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo continuará o xoves coa actuación da Orquestra de Cámara de Pforzheim.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe a Axenda escolar para nais e pais levada a cabo polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e que serán distribuídas a pais e nais con fillos escolarizados entre primeiro e sexto de Primaria.
Repartiranse un total de 5.145 axendas de prevención nos 24 centros educativos da cidade.
Lugo acolle o xoves 27 e o venres 28 de setembro as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social. Esta actividade encóntrase enmarcada no Proxecto Lugo Social da Iniciativa Comunitaria Equal, e contará coa presenza do Alcalde de Lugo, José López Orozco.
A Iniciativa Equal ten unha dimensión transnacional na que proxectos de distintos paises da Unión Europea intercambian as súas experiencias e boas prácticas na temática da inserción socio-laboral e da igualdade de oportunidades.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1810
- 1811
- 1812
- 1813
- 1814
- 1815
- 1816
- 1817
- 1818
- …
- seguinte ›
- última »