Os talleres de creación e de actividades lúdicas, que se están a desenvolver no Centro Social do Sagrado Corazón desde o pasado mes de xullo, chegan ao seu fin tras vinte horas de duración.
O Taller de creación, que comezou o pasado 5 xullo, remata esta mañá. As clases celebráronse todos os xoves de 10:30 a 13:00 horas e foron impartidas por un monitor especializado en artes plásticas.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle mañá, xoves, un novo concerto da Banda Municipal de Música dirixido especialmente aos maiores.
Nesta ocasión interpertarán una ampla variedade de pezas para bailar.
O concerto, con sitio para o baile, terá lugar ás oito da tarde e nel poderán participar, gratuitamente, todas as persoas que o desexen.
O Concello de Lugo arrincará no mes de abril unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXV Semana do Corpus.
O mal tempo non mermou o interese polas clases de Tai-Chi ó aire libre organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Unha media de trinta persoas asistiron, cada luns e mércores ó parque de Rosalía de Castro e cada martes e xoves ó parque da Milagrosa, a súa cita para practicar esta disciplina oriental; chegando nalgunha xornada ata os 40 participantes.
A maioría dos asistentes ós cursos, entorno ó 75%, foron mulleres de mediana idade, aínda que houbo participantes de todas as idades, incluso nenos.
Esta noite de venres darán comezo os actos relixiosos de celebración da Semana Santa lucense coa celebración do Vía Crucis pola Muralla, a partir das oito e media.
Como manda a tradición, os participantes levarán velas accesas e gardarán absoluto silencio durante todo o percorrido.
A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante, encadrada na programación de actividades de verán.
O Concello de Lugo fará entrega dunha nova Bandeira de España á Marina, tal e como solicitaron tras o envellecemento da actual, cedida por este Concello hai 25 anos.
O acto de entrega da bandeira engrandecerá máis o acto realizado, como todos os anos, con motivo da procesión da Virxe de Esperanza, que organiza a Confraría que leva o mesmo nome e que ten como irmán maior á Armada Española.
Como todos os anos, unha unidade deste Corpo procedente de Ferrol chegará a Lugo pola mañá para formar diante da Casa do Concello.
As observacións de astronomía dende A Mosquera “Ollando a un xigante”, organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais, suspendéronse por mor das treboadas que nas últimas noites afectaron á cidade e que, según as previsións meteorolóxicas, continuarán ó longo da semana.
Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais celebrou, na pasada semana, a actividade “Ollando a un xigante”, consistente na realización de observacións de astronomía dende A Mosquera. Ó redor de 50 persoas de todas as idades, familias e turistas aproveitaron a ocasión para botarlle un ollo ó espectacular “xigante” Xúpiter, á lúa e ás estrelas cando o estado do ceo así o permitiu
A variabilidade das condicións meteorolóxicas motivou que a actividade, inicialmente prevista para celebrarse durante seis días, se suspendera nas dúas últimas sesións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1807
- 1808
- 1809
- 1810
- 1811
- 1812
- 1813
- 1814
- 1815
- …
- seguinte ›
- última »