A Xefa de Arqueólogía Municipal impartiu unha conferencia sobre a posta en valor da Casa dos Mosaicos e o Museo de San Roque
A posta en valor do patrimonio arqueolóxico lucense forma parte do programa do curso de verán “La puesta en valor de los yacimientos arqueológicos en espacios urbanos de interés histórico” que organiza a Universidad Politécnica de Cartagena dentro do seu programa de Cursos de Verán.
A Xefa do Servizo de Arqueología Municipal, Covadonga Carreño, impartiu esta mañá ás 9:30 horas, unha conferencia baixo o título “El Patrimonio Arqueológico en Lugo: de la
O grupo de teatro La Barraca, creado hai 75 anos por Federico García Lorca e recuperado na actualidade polo Ministerio de Cultura, representará en Lugo a obra de teatro Entre bobos anda el juego do dramaturgo Francisco de Rojas Zorrilla, enmarcada dentro do programa de actividades culturais Verán en Lugo, da Concellería de Cultura.
Hai 75 anos La Barraca estaba composta por un grupo de universitarios que empregaba as vacacións para levar as obras do Século de Ouro español a pobos e cidades necesitadas de actividades escénicas.
Esta primeira edición percorrerá Galicia para achegar a música de cámara a todos os públicos
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o Delegado Provincial de Cultura, Xoan Xosé Molina, e o Director da Academia de Cameralia, Xaquín Meijide, presentaron esta mañá o programa de concertos do Festival Cameralia, que acollerá a cidade entre o 25 e o 28 de xullo.
O grupo de teatro La Barraca, creado hai 75 anos por Federico García Lorca e recuperado na actualidade polo Ministerio de Cultura, representará en Lugo a obra de teatro Entre bobos anda el juego do dramaturgo Francisco de Rojas Zorrilla, enmarcada dentro do programa de actividades culturais Verán en Lugo, da Concellería de Cultura.
A representación é gratuíta e terá lugar este venres na Praza de Anxo Fernández Gómez ás 22:30 horas.
O luns día 29 comeza no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo o Curso Técnicas de xestión comercial. É curso dirixido a calquera persoa interesada, aínda que os seus contidos pertencen ao ámbito empresarial e ten por obxectivo coñecer as técnicas para mellorar a xestión comercial dunha empresa, aprendendo, entre outros, a identificar os motivos que levan a un cliente a comprar os nosos productos, coñecer os principios que rexen a venda e o marketing, ou como fidelizar a un cliente.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou xunto á Vicerreitora Adxunta de Infraestruturas e Servizos da USC, Celia Besteiro; á Directora de Palimoco Teatro, Paloma Lugilde; e á Directora da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández, o III Teateatre.
A edil explicou que “este programa intenta completar a actividade teatral que se desenvolve na cidade e conta cun gran seguimento, como demostra o alto número de compañías de teatro afeccionado que existen en Lugo”.
O Centro de Empresas e Innovación acolle este xoves, día 8 de novembro, a conferencia "Financiar a Innovación e Innovar o Financiamento" (Como financiar as PEMES en España e en Galicia).
Terá lugar ás 20:00 horas e contará coa presenza de Daniel Yebra López (Director de Asesores Patrimoniales S.L.), David Calvo Mallón (Analista de Inversiones. UNIVEST S.G.E.C.R., S.A.) e o empresario Jorge Fernández Amoedo (Presidente Executivo de Kiosco24 Marín, S.A.).
Esta primeira edición percorrerá Galicia para achegar a música de cámara a todos os públicos
O Festival Cameralia abre a súa programación en Lugo cun concerto do Ensemble da Fundación R. Groba que terá lugar, este mércores día 25 a partir das 21:30 horas no Círculo das Artes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, e membros da Corporación inauguraron o novo centro comunitario de Lamas de Prado, que vén complementar as instalacións xa existentes en Aquilino Iglesia Alvariño e na Praza do Castiñeiro. O novo centro acollerá as actividades de animación sociocultural, a 4ª ocioteca da cidade e o espazo de lecer dos maiores.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou aos vinte rapaces do Poboado de Nazaret que gozaron esta mañá dunha visita guiada por este centro de ocio.
A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1803
- 1804
- 1805
- 1806
- 1807
- 1808
- 1809
- 1810
- 1811
- …
- seguinte ›
- última »