Axentes da Policía Local do Servizo de Patrulla Verde están a investigar un posible vertido dun líquido tóxico na rúa López Guntin.
Os feitos tiveron lugar o día 29 de maio ás 20,05 horas.
Axentes do equipo de atestados da Policía Local detiveron un individuo como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico por conducir baixo os efectos do alcohol.
Os feitos ocorreron ás 20,35 horas de onte, día 3 de xuño, na rúa Reiseñor. O turismo LU1675V, conducido por A.M.P., de 54 anos veciño desta cidade, colisionou contra o turismo estacionado 0974 DBD.
Unha persoa que se atopaba dentro do vehículo estacionado foi trasladada ó Hospital Xeral para ser atendida por feridas leves.
Os gardas comprobaron que A.M.P.
A Policía Local tramitou máis de 150 solicitudes de permiso para a realización de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, que estarán repartidas por preto de 80 puntos de localización, tanto no centro urbán como na zona rural.
Con motivo desta festa, o Alcalde, José López Orozco, fixo público un bando no que lembra unha serie de normas de obrigado cumprimento para garantir a seguridade de todos os lucenses:
1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.
Os Bombeiros e a Policía Local tiveron que intervir esta mañá, para sufocar un pequeno incendio nun piso do nº 13 da rúa Portugal.
Os feitos tiveron lugar ás 10.20 horas de hoxe, día 20. Un veciño informaba ós servizos de emerxencia que por unha ventá do piso 3º deste inmoble estaba saíndo gran cantidade de fume.
Os bombeiros desprazaron ó lugar dúas dotacións e accederon ao 3º piso onde se estaba producindo o incendio por unha ventá que se atopaba aberta.
A Policía Local detivo un individuo como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha moza de 24 anos, veciña desta cidade.
Os axentes foron alertados destes feitos a través dunha chamada ó 092, e de inmediato unha patrulla trasladouse ó lugar onde o presunto agresor estaba sendo retenido polos pais da moza.
Os feitos tiveron lugar nun edificio do barrio de Fingoi, o día 28 de xullo, ás 6.30 horas, ó parecer a moza entrou no portal do seu domicilio e víuse sorprendida por un individuo que a seguiu ata o ascensor.
Un autobús de línea regular colisionou contra o muro que rodea a Estación de Autobuses, hoxe, día 19, ás 8.00 horas .
O autobús matrícula 9902DPK, pertencente a empresa Arriba, acababa de descargar a pasaxe e segundo manifestou o condutor quedou debidamente cerrado na dársena nº 13.
Por causas que neste momento se descoñecen e que está a investigar o Equipo de Atestados da Policía Local o autobús desprazouse marcha atrás e foi a parar contra o muro de pedra, concretamente nas inmediacións da entrada dos autobuses sita na rúa Cidade de Vigo.
O Equipo da Unidade de Atestados, de servizo na mañá do día de hoxe, instrúe dilixencias por un atropelo de turismo a peón, acontecido na Avenida da Coruña, as 12:34 horas, sobre o paso de peóns que se atopa antes da interesección cá rúa Concepción Arenal.
O Equipo da Unidade de Atestados, de servizo na tarde do día de hoxe, instrúe dilixencias por un accidente de circulación ocorrido as 16:00 horas, na Estrada Vella de Santiago, a altura da intersección de esta rúa cá pista que conduce a Casas Novas. A furgoneta matrícula LU-2730-T embiste de forma perpendicular a parte dianteira do lateral esquerdo do cadriciclo matrícula C-6659-BJB no que viaxaba un matrimonio veciño de Lugo, o condutor A.C.R. e maila súa esposa V.N.R., que resultan feridos de prognóstico leve.
A Patrulla Verde da Policía Local de Lugo ven de denunciar, ante a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, as infraccións cometidas por J.L.C.V., veciño de Lugo, contra a lexislación estatal e autonómica que regula a tenza de Animais Potencialmente Perigosos. Os feitos ocorren cando o pasado día 25 de outono o citado identificase como propietario dun can de raza rottweiler que se atopaba solto na parroquia de Santa María de Muxa. Dito can tiña atemorizados os veciños posto que corría a carón dos vehículos que pasaban polo lugar, ladrando a estes.
Unha dotación da Inspección Principal da Policía de Barrio da Policía Local trasladouse no día de hoxe, as 14:40 horas, ata o centro de formación ocupacional Ramón Falcón sito no Paseo dos Estudiantes, lugar onde observábase unha columna de fume procedente do seu tellado.
Os compoñentes da dotación comprobaron que na nave dun taller do centro había fogo, motivo polo cal fixeron uso dunha mangueira de incendios sita no lugar ó tempo que chamaban o Servizo de Bombeiros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- 1800
- 1801
- 1802
- …
- seguinte ›
- última »