As visitas teatralizadas O encanto de Lugo, a cidade transparente, organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, cambian o seu horario no mes de setembro para poder aproveitar máis horas de día.
As visitas teatralizadas ó centro histórico e á Muralla, que continuarán ata o 23 de setembro, contarán a partir do venres día 7 co seguinte horario:
- Venres: ás 19:00 horas , ás 20:00 horas e ás 21:30 horas
- Sábados: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas, ás 20:00 horas e ás 21:30 horas.
- Domingos: un único pase ás 13:00 horas.
A Concellería de Cultura e Turismo preparou para este venres 7 de setembro, dentro do programa Verán en Lugo, unha original actividade dirixida ós máis cativos: A rúa da Ciencia Divertida.
Neste espectáculo formativo os rapaces coñecerán da man de tres científicos tolos algúns dos secretos da ciencia mellor gardados: de qué está feita a materia, cómo transformar corpos sólidos ou líquidos a gas e, incluso, fabricaran un viscoso elemento coñecido como “flubber”.
A Praza do Campo Castelo acollerá a partir das seis da tarde as tres mesas polas que os nenos poden pasar para completar
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que o número total de participantes no 3º Concurso de Tapas de Lugo organizado pola súa Concellería ascende a 35, 5 máis que na edición do 2006.
O parque da Milagrosa acollerá o domingo a última das sete carreiras oficiais do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007, que organiza a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, patrocinada polo Centro Comercial As Termas e a marca deportiva New Balance.
A proba disputarase a partir das doce da mañá. A primeira carreira, para os máis pequenos, será dunha distancia de 775 metros. A segunda, para a categoría B, será nun circuíto de 1.577 metros e a terceira, para a categoría C, será de 2.460.
As mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais Verán en Lugo elaborado pola Concellería de Cultura e Turismo despídense este sábado, día 8 de setembro, coa demostración dos traballos dun grupo de fiadeiras e tecedeiras, que estarán acompañadas por un conxunto de cantareiras.
Esta actividade desenvolverase, como veu sendo habitual ao longo destes meses estivais, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:30 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 21:00 horas pola tarde.
A día 11 de novembro dará comezo nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera a oitava edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós, que este ano arrinca cunha serie de novidades, que foron presentadas hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
O respondable municipal estivo acompañado por Manuel Castiñeira, do Club Medio Maratón; o técnico organizador das carreiras Gonzalo Pereira e os responsables das entidades patrocinadoras, Cristina Pérez, representante do C.C.
curso de Construción e Manipulación de Zancos pecha a terceira edición de Teateatre, que este ano oferta tres cursos de formación actoral para profesionais e afeccionados. Este programa, elaborado polo Concello de Lugo en colaboración co Colexio Fingoi, Palimoco Teatro e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, pretende servir de foro de encontro para actores e amateurs do teatro.
Esta última acción formativa comeza o vindeiro luns, 10 de setembro, e rematará o día 29.
O vindeiro domingo 11 de novembro, ábrese una nova tempada do circuíto de carreras populares Corre con Nós organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío. A primeira das carreiras comezará ás 12:00 horas nas Pistas de Atletismo Gregorio Perez Rivera.
O III Concurso de Tapas arrinca este sábado, 8 de setembro.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou oficialmente que se propondrá á escritora lucense Marta Rivera de la Cruz para ser a pregoeira das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura da finalista do Premio Planeta foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Rivera
Burgo tamén anunciou que a Comisión de Festas decidiu que a apertura simbólica das portas da Muralla fora feita este ano polos colexios profesionais da cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1791
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- …
- seguinte ›
- última »