A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata este venres coa visita ao último colexio inscrito neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.
Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render no colexio.
O colexio de As Josefinas acolle este venres a derradeira sesión desta edición cun almorzo saudable a 105 alumnos.
A Ministra de Sanidade, Elena Salgado, almorzou hoxe co Alcalde de Lugo, as Conselleiras de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia e con 100 escolares de entre 6 e 8 anos no colexio Rosalía de Castro de Lugo. O seu obxectivo era coñecer personalmente o programa de Almorzos Saudables que puxo en marcha o Concello de Lugo hai xa catro anos coa fin de acadar unha maior concienciación sobre a correcta alimentación.
Salgado, o Alcalde e as Conselleiras compartiron a xornada cos pequenos sentados ó seu carón. Almorzaron, escoitáronos, preguntáronlles os seus costumes de alimentación...
A XXIX Semana Internacional de Cine de Autor abre esta nova edición coa presentación da película "Las alas de la vida". Esta sábado, día 15, arrinca este festival cinematográfico coa roda de prensa que ofrecerá o director do filme, Antoni P. Canet ás 18:00 horas no Gran Hotel de Lugo.
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a gala de inauguración coa proxección desta película a partir das 20:00 horas.
O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo.
O martes 21 de agosto ábrese o prazo para inscribirse no III Concurso de Tapas de Lugo no que poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal. A edición deste ano, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, terá lugar do 8 ó 23 de setembro.
Cada establecemento participante deberá elaborar unha tapa, podendo ser tradicional ou creativa (haberá un máximo de 30 participantes para cada unha destas categorías).
No mes de marzo o Concello de Lugo presentou un ambicioso programa de animación á lectura para os máis pequenos na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura e Turismo,Concepción Burgo, presentou unha nova fase da iniciativa que se porá en marcha a partir do 18 de outubro e que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. As sesións terán lugar todos os xoves, agás festivos, as 19:00 horas.
Con este programa trátase de impulsar a utilización da Biblioteca por parte dos máis cativos e cumplir así cos compromisos do Goberno Local para que se converta nun centro cultural de referencia.
A lectura dos deberes dun dos seus alumnos transformará a vida dun mestre de 55 anos desencantado coa su vida e traballo, devolveranlle a ilusión polos sonos perdidos e reavivarán nel vellas frustracións. A partir deste momento comezará un intenso vínculo entre profesor e alumno. Con este argumento chega ó escenario do Auditorio Gustavo Freire El chico de la última fila.
Os lucenses poderán disfrutar desta representación o sábado día 20 de outubro a partir das 20:30 horas gracias ó convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e o Instituto Galego Escénico e Musical (INGAEM).
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou xunto ó escritor lucense e responsable da compilación, Darío Xohán Cabana, a nova publicación que edita o Concello baixo o título Poetas en Lugo.
O acto tivo lugar no Concello ás 20:00 horas e contou coa presenza de poetas lucenses e personalidades da cultura que acudiron para coñecer esta obra de “tan inmenso valor literario e cunha edición exquisitamente coidada”, tal e como sinalou o mandatario municipal.
O Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, chega ó seu fin nos establecementos hostaleiros da cidade.
Esta fin de semana remata o espectáculo “O Encanto de Lugo, a Cidade Transparente” coas últimas visitas teatralizadas que se celebrarán co seguinte horario:
- Venres: ás 19:00 horas , ás 20:00 horas e ás 21:30 horas
- Sábado: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas, ás 20:00 horas e ás 21:30 horas.
- Domingo: último pase ás 13:00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1789
- 1790
- 1791
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- …
- seguinte ›
- última »