A Comisión de festas do Concello de Lugo reuniuse esta mañá para presentar e aprobar por consenso o balance económico das festas de San Froilán 2006.
Este balance foi presentado pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, quen explicou que o punto máis significativo do resultado foi o importante aumento rexistrado no capítulo de ingresos por parte das aportacións externas.
Explicou a Concelleira que este incremento respecto ao ano 2005 foi do 131%, pasando de 76.000 euros a 176.814.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou esta mañá a convocatoria dos concursos para elixir os carteis anunciadores das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño 2007.
O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2007 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia acadando na pasada edición máis de 700.000 visitantes.
A Concellería de Cultura convoca dous para elexir os carteis anunciadores das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2007. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos estará aberto entre os días 1 e ás 14:30 do 12 de xuño e todos os interesados os poden entregar ou mandar por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior, 1.
A pista de Bagueixos estará cortada ó tráfico a partir da empresa Desguaces Ceao ata as proximidades do Polígono do Ceao entre as 9.00 e as 20.00 horas por mor dos traballos dunha acometida de auga para unha vivenda.
A Concellería de Cultura convoca dous para elexir os carteis anunciadores das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2007. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos estará aberto entre os días 1 e ás 14:30 do 12 de xuño e todos os interesados os poden entregar ou mandar por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior, 1.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, confirmou hoxe a información aparecida en dúas webs de programadores de concertos, pola que o grupo El Sueño de Morfeo actuará o día 10 de outubro en Lugo durante as festas de San Froilán.
Este grupo realizará durante o verán unha xira que significará unha parada en Lugo ese mesmo día.
DATA: Sábado, día 21 de xullo de 2007.
HORARIO: Desde as 13:30 h. ata as 22:00 horas.
LUGAR: Rúa da Milagrosa
A rúa Milagrosa estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre a rúa Curros Enriquez e a rúa das Fontes debido ó desmonte dun guindastre de obra
A Policía Local informa que debido as obras de remodelación da fonte de San Vicente da praza do Campo, os vehículos de transporte de mercancías para efectuar labores de carga e descarga deberán acceder pola Porta do Carme.
A próxima semana remata o prazo de presentación de traballos para o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2007. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto dende o día 1 e ás 14:30 do próximo martes remata o tempo para que todos os interesados podan entregar ou mandar a súa oferta por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior.
O Concello de Lugo aprobou este mércores en Xunta de Goberno, as bases técnicas e administrativas que van rexer a poxa pública para a instalación de casetas e caldeiros do polbo, neste San Froilán 2007.
Coma todos os anos, segundo explicou a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, ó tratarse de solo público, é necesario que existan estas bases.
A ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Deputación e a porta de Santiago estará cortada ó tráfico o mércores día 25 dende as 8.00 e as 21.00 horas.
O corte é debido á instalación dun guindastre na ronda para colocar unhas vigas metálicas na obra de conservación e posta en valor da Muralla Romana e os restos arqueolóxicos anexos ó edificio da Vicerreitoría (praza Pío XII).
A circulación de vehículos da ronda desviarase pola rúa Deputación e ronda do Carme.
Os residentes e usuarios de garaxe poderan acceder os mesmos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- 1786
- 1787
- 1788
- …
- seguinte ›
- última »