Por cada compra efectuada na Praza de Abastos ata esta tarde, os clientes reciben papeletas para participar no sorteo. O gañador será aquel que posúa a papeleta co número que coincida coas catro últimas cifras do 1º premio do sorteo do Neno da Lotería Nacional.
O afortunado deberá personarse na mañá do día 7 de xaneiro na Praza.
Como todos anos pola festividade do día de Todos os Santos celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos.
Por outra banda, dende mañá e ata o día 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal que permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle ós lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas.
O Concello de Lugo e o operador galego de comunicacións por fibra óptica R iniciaron hoxe as súas actividades didácticas, xogos e entretemento nunha orixinal cúpula inchable situada na Praza de Santa María. O obxectivo é achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. Desde este xoves e ata o domingo, os lucenses poderán coñecer a cúpula, que permanecerá aberta ó público de 11,00 a 14,00 h e de 17,30 h a 22,00 h.
O operador galego de comunicacións por fibra óptica, escolleu ó Concello de Lugo para continuar coa súa acción de cúpulas inchables que albergan actividades didácticas, xogos e entretemento co obxectivo de lles achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. Esta mañá a concelleira de Participación Cidadá de Lugo, Luisa Zarzuela, e Malú Bergantiños, responsable de Comunicación Externa de R, presentáronlles a acción das cúpulas ós medios de comunicación na Casa do Concello da cidade.
Representantes do Azkar Lugo e a Concelleira de Participación Cidadá, Luisa Zarzuela, presentaron o II Campus de Fútbol Sala "Azkar Lugo FS", que comezará o vindeiro 5 de setembro e rematará o día 10. Está dirixido a nenos nacidos entre os anos 1993 e 1998 (ambos incluídos).
O Campus, como na anterior edición, terá lugar no Centro Deportivo Terra e na Área Recreativa desta entidade.
A Concellería de Servicios Xerais, dirixida por Luisa Zarzuela, fixo hoxe público o decreto polo que se conceden 25.700 euros en concepto de subvencións a asociacións do ámbito da participación cidadá.
Un total de 35 asociacións veciñais e culturais beneficiaranse destas axudas. Trátase dunha das convocatorias que fai o Concello de Lugo para colaborar coas entidades veciñais e contribuír á dinamización das súas actividades.
El lunes se cortará al tráfico rodado el último tramo de la Ronda de la Muralla afectado por las obras que está llevando a cabo la Xunta de Galicia en colaboración con el Concello de Lugo.
A Policía Local informa que a rúa Ribadeo estará cortada ó tráfico o sábado entre as 08.30 e as 18.00 horas debido á desmontaxe dun guindastre de obra sito no solar nº 1 da rúa Ribadeo. Permitirase o acceso ós residentes desta rúa.
A rúa Azalea estará cortada ó tráfico o sábado, día 10 entre as 08.30 e as 18.00 horas debido a montaxe dun guindastre de obra no solar nº 5 desta rúa. Permitirase o acceso ós residentes.
O tráfico desviarase pola rúa Río Ulla para saír cara a rúa Quiroga ou Fonte dos Ranchos e ronda do Carme.
A Policía Local informa de que a rúa Primavera estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre o carril das Hortas e o carril das Flores.
O corte farase efectivo hoxe luns, día 26 desde as 15.00 ata as 20.00 e o martes, día 27 entre as 8.00 e as 19,00 horas.
O corte e debido a colocación dun guindastre de obra sito neste tramo de rúa.
A Policía Local informa de que o vindeiro sábado estará cortada ó tráfico a rúa Xoan Carballal debido ó desmonte dun guindastre de obra.
O corte farase efectido entre as 9 e as 18.00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- 1786
- 1787
- …
- seguinte ›
- última »