Máis de tres mil persoas están subscritas aos diferentes canles de información que puxo en marcha o Concello de Lugo nestes últimos dous anos.
Así, un total de 898 reciben información diaria sobre a actividade cultural que se desenvolve en Lugo. A Axenda Cultural, que tamén pode consultarse na web municipal, www.lugo.es, recibe as aportacións dos diferentes organismos culturais de Lugo e recíbese diariamente nos correos electrónicos de 898 persoas, 146 delas dadas de alta a nivel particular.
López Orozco anunciou que o Plan Director do Parque Rosalía de Castro contratarase á USC.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Campus de Lugo. Grazas a esta colaboración, as dúas institucións estreitan aínda máis as súas relacións e favorecen o crecemento do Campus nos eidos das infraestruturas, urbanismo, docencia e investigación.
O Concello de Lugo anuncia que a conferencia de Fernando Ónega, nun principio prevista para este venres no Círculo das Artes, non será posible debido a un erro de datas da organización. A conferencia queda pois retrasada para futuras datas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará mañá, xoves, co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas. Nesta ocasión, estará no Centro Social de Fingoi, acompañando aos participantes no programa Conéctate en Lugo.
O chat co Alcalde de Lugo vense celebrando de xeito continuado dende febreiro do 2005.
Como sempre, os internautas disporán dunha hora para plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes, que López Orozco responderá por orde de entrada.
A web municipal, recibiu no que vai de ano un total de 464.068 visitas, 198.541 máis que o ano pasado nas mesmas datas, o que supón un crecemento de preto do 75%. Estes datos demostran que a web é cada vez máis coñecida e utilizada para informarse sobre a actualidade e as actividades que se levan a cabo dende o Concello.
Dende a súa creación, a páxina tivo un cremento en número de visitas duplicando ou triplicando ano a ano. O Crecemento máis importante tivo lugar durante o ano pasado.
Hoxe, venres, comezou a funcionar a histórica fonte dos Leóns, instalada na praza de Avilés tras o proceso de recuperación realizado nos últimos meses polo Concello de Lugo.
Esta fonte funcionará dende esta tarde todos os días de once da mañá a doce da noite.
A Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou o proxecto de construcción da nova gardería da Piringalla, que se situará na rúa das Fontes, no terreo de 2.100 metros cadrados que posúe o Concello. De feito, equipo de goberno conta xa cunha reserva económica para hacer fronte á contratación de forma inmediata, en especial porque esperan contar cunha aportación económica de Vicepresidenza.
Así o anuncou hoxe o Alcalde, José López Orozco, quen adiantou o contido deste proxecto construtivo que contará con 560 metros cadrados de edificiación rodeados de zonas verdes apropiadas para o xogo.
Os traballadores do Concello de Lugo celebran este martes a festividade da patrona dos funcionarios da administración local, Santa Rita. Por este motivo, as oficinas e instalacións municipais permanecerán pechadas mañá, día 22 de maio.
O Alcalde, José López Orozco, participará xunto a outros membros da Corporación Municipal no tradicional xantar de confraternización entre os traballadores municipais, que terá lugar a partir das 14:45 horas no restaurante Jorge I.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá ás 12:45 horas un grupo de alumnos cataláns participantes no proxecto Galauda. O acto tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Os 40 rapaces acudiron acompañados polos oito profesores que están a desenvolver o proxecto Galauda en institutos de Barcelona, Santa Coloma de Granollers, Hospitalet e Castelldefels. Fomenta a educación intercultural a través do achegamento á lingua e cultura galegas. Os rapaces teñen dúas clases semanais de galego.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- …
- seguinte ›
- última »