Os avances da Tecnoloxía da Información e da Comunicación permiten optimizar o funcionamento interno das administracións locais e axilizar a comunicación co resto de administracións públicas. Esto facilita a obtención de importantes beneficios económicos e sociais.
Da mesma forma, o desenvolvemento tecnolóxico permite un maior contacto cos cidadáns e favorece a integración das zonas rurais e aisladas na corrente de desenvolvemento promovida polo uso das TIC.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao representante de Begano en Lugo, Raúl Centelles García, a responsable do Ximnasio Sportsaúde de Lugo, Mª José Freire Ferreiro, e o responsable do club Taekwondo Vilalba Jansu, Juan Carlos Quintana, o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebrará en Lugo este sábado, 24 de novembro.
Un centenar de deportistas procedentes de Galicia disputarán as probas que servirán para clasificar aos reprentantes galegos para o vindeiro campionato nacional.
O Pabillón Municipal acollerá a competición que comezará a
Máis de 130 persoas, algunhas chegadas de varios puntos de España, participan nas VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a presidenta de Durán Maquinaria Ensino, Alejandra Alonso, e a adestradora do equipo, Julia Pena, presentaron o partido dedicado ao Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.
Este encontro, que corresponde á sétima xornada da Liga Femenina 2 de Grupo A e xogarán o Durán Maquinaria Ensino e o Universitario de Ferrol, servirá para rendir unha homenaxe a todas as mulleres e fillos que sofren a violencia machista e implicar ao mundo do deporte na loita pola erradicación deste grave problema que xa se cobrou a vida de 8
O Alcalde de Lugo presidiu a presentación dun monumento conmemorativo da cidade como epicentro viario do noroeste peninsular. No acto, estiveron presentes membros da Coporación municipal así como diversas autoridades entre as que se atopaban o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero.
Este é un proxecto que consiste na realización dun miliario en bronce fundido que simboliza a importancia que tivo a cidade romana de Lvcvs Avgvsti como epicentro viario do noroeste peninsular.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco reicibiu no Concello, como xa e tradicional, à corporación do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do día dedicado a esta vila dentro do San Froilán.
Visitaron a cidade numerosos integrantes do goberno municipal, entre os que se atopaba o Alcalde, Vicente Irisarri Castro e a 1ª tenente de Alcalde, Yolanda Díaz Pérez.
O Alcalde de Lugo deulles a benvida e agradeceu a presenza xa tradicional de numerosos ferroláns que se achegan ata Lugo no día da súa cidade.
Tamén aproveitou para recoñecer a valía do triatleta Javier Gómez Noya
O triatleta de Ferrol Javier Gómez Noya, asistirá mañá convidado polo Concello de Lugo á tradicional recepción da Corporación de Ferrol coincidindo co día que San Froilán dedica a esta localidade.
Gómez Noya foi convidado polo Concello por ser un excelente representante de Ferrol e Lugo no deporte internacional.
Este atleta foi o primeiro español que ganou a Copa do Mundo na súa modalidade.
As Concelleiras de Lugo sairán xunto oitenta diputadas e senadoras no libro Te lo diré mil veces…somos iguales. A publicación partiu do socio transnacional de Lugo Social Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca) dentro da Iniciativa Comunitaria Equal.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo chegar ós grupos da oposición o Memorando de Entendemento entre o Concello de Lugo e a Sociedade Gran Muralla China, para que o coñezan antes de levalo ó Pleno como unha proposta de Alcaldía.
José López Orozco, quere que toda a cidadanía, e por iso o pleno ó completo, participe desta distinción que oficializou o Embaixador de China en España, Qiu Xiaoqui, na súa visita á cidade o pasado 7 de outubro.
Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello de Lugo a través da páxina web municipal, para coñecer cales son os principais gastos que teñen que afrontar as familias lucenses co inicio do curso escolar, sinalan que o material escolar e a vestimenta lévanse a maior parte dos presupostos.
Os resultados da enquisa quedaron moi axustados entre as dúas opcións máis votadas, pois, para o 31,78 % (con 185 votos) dos participantes os libros e o material escolar supoñen o principal gasto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1769
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- …
- seguinte ›
- última »