A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a apertura do proceso de contratación das obras para a construcción da primeira Casa das Linguas coa que contará a cidade de Lugo e que estará situada na Estrada da Granxa, na zona de Augas Férreas.
Así o anunciou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, que foi a encargada de dar conta dos asuntos tratados nesta xuntanza.
O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, xoves, a última reunión dos membros do Plan Estratéxico da cidade con responsables do equipo de goberno.
O día 1 deron comezo o ciclo de reunións con cada un dos catro grupos de traballo coa intención de debater sobre os proxectos non iniciados que non poden comezarse, son inviables, ou non poderán culminarse no prazo de actuación do plan, previsto para catro anos.
A reunión de mañá será cos membros da liña 2, que agrupa as aportacións en materia de servizos ás persoas e espazos públicos e que está presidida por Carlos Herrero La
A asociación AMUVI diríxese a menores vítimas da violencia de xénero. Comezaron a súa actividade para axudar aos nenos vítimas, directas e indirectas, da violencia de xénero; tamén as impulsuo a falta de medios nos seus comezos e o gran número de casos.
As principais consecuencias dos maltratos que na asociación atopan son: insensibilización, necesidade de afecto (como contrapunto), sentimento de culpa, culpan ás nais, agresividade, abuso do alcohol, drogas, etc.
O Voceiro do Equipo de Goberno, José Rábade, recibiu na Casa do Concello ó Grupo Galego de Cancro de Pulmón.
A web municipal, aproveitando que o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) conmemorou o Día Mundial da Alimentación, realizou unha enquisa sobre medidas a adoptar para combatir a proliferación da obesidade nos países desenvoltos e que segundo a OMS é un dos principais problemas de saúde que afectan á poboación do primeiro mundo.
Segundo os resultados obtidos neste sondeo o 92,52% dos lucenses considera necesaria a adopción dalgunha medida que combata a proliferación desta epidemia.
Os avances da Tecnoloxía da Información e da Comunicación permiten optimizar o funcionamento interno das administracións locais e axilizar a comunicación co resto de administracións públicas. Esto facilita a obtención de importantes beneficios económicos e sociais.
Da mesma forma, o desenvolvemento tecnolóxico permite un maior contacto cos cidadáns e favorece a integración das zonas rurais e aisladas na corrente de desenvolvemento promovida polo uso das TIC.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao representante de Begano en Lugo, Raúl Centelles García, a responsable do Ximnasio Sportsaúde de Lugo, Mª José Freire Ferreiro, e o responsable do club Taekwondo Vilalba Jansu, Juan Carlos Quintana, o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebrará en Lugo este sábado, 24 de novembro.
Un centenar de deportistas procedentes de Galicia disputarán as probas que servirán para clasificar aos reprentantes galegos para o vindeiro campionato nacional.
O Pabillón Municipal acollerá a competición que comezará a
Máis de 130 persoas, algunhas chegadas de varios puntos de España, participan nas VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a presidenta de Durán Maquinaria Ensino, Alejandra Alonso, e a adestradora do equipo, Julia Pena, presentaron o partido dedicado ao Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.
Este encontro, que corresponde á sétima xornada da Liga Femenina 2 de Grupo A e xogarán o Durán Maquinaria Ensino e o Universitario de Ferrol, servirá para rendir unha homenaxe a todas as mulleres e fillos que sofren a violencia machista e implicar ao mundo do deporte na loita pola erradicación deste grave problema que xa se cobrou a vida de 8
O Alcalde de Lugo presidiu a presentación dun monumento conmemorativo da cidade como epicentro viario do noroeste peninsular. No acto, estiveron presentes membros da Coporación municipal así como diversas autoridades entre as que se atopaban o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero.
Este é un proxecto que consiste na realización dun miliario en bronce fundido que simboliza a importancia que tivo a cidade romana de Lvcvs Avgvsti como epicentro viario do noroeste peninsular.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1768
- 1769
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- …
- seguinte ›
- última »