O cambio político na Deputación Provincial posibilita que a UNED comece a coller forma
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o Vicepresidente Primeiro da Deputación Provincial, Antón Bao, e o Vicerreitor dos Centros Asociados da UNED, José Luis Prieto, mantiveron unha nova xuntanza, esta vez cos representantes das Caixas e organizacións empresariais da cidade, para presentarlles o proxecto de Universidade a Distancia que están a elaborar.
É a terceira xuntanza mantida co obxectivo de facer realidade un proxecto mo
El Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL) va a celebrar el próximo martes, día 11, una jornada sobre el “Nuevo Escenario para la Investigación e Innovación en el Sistema Agroalimentario”.
Dous mozos de 18 e 20 anos resultaron feridos de gravidade e outro ferido leve nun accidente de circulación rexistrado ás 00.30 horas , do día 5, na pista de Bagueixos a uns 80 m. da N-VI. O accidente producíuse como consecuencia dunha saída de vía pola marxe dereita e choque contra un poste de formigón. Os tres mozos eran veciños de Lugo.
Os Bombeiros tiveron que excarcerar ós dous ocupantes do turismo que resultaron feridos de gravidade.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou xunto á Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, a actividade que pecha o proxecto Lugo Dixital que se veu desenvolvendo desde o ano 2005.
O esforzo realizado polo Concello de Lugo para impulsar a implantación da Sociedade da Información na cidade acaba de obter o recoñecemento da entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Lugo foi selecionada por esta entidade xunto con outras cinco cidades (Segovia, San Sebastián, Getafe, Lleida e Candelaria) como exemplo de aplicación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos sociais e económicos.
Os cincuenta rapaces que cursan 3º de primaria no colexio lucense dos Salesianos aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial por primeira vez. Os pequenos, que rondan os oito anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e pola labor desempeñada polo goberno municipal.
O Alcalde, que presidiu a recepción, tivo que recuperar as súas dotes para a ensinanza e facer fronte ás innatas ansias de coñecemento dos pequenos. As súas artes servíronlle para establecer un diálogo socrático cos nenos que non se cansaron de facer preguntas.
O Concello de Lugo e a asociación Gremium MG organizan unha campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e o representante do motoclub, Raúl Rocha, presentaron esta acción solidaria na que esperan a colaboración de todos os lucenses.
A Campaña de Xoguetes pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas fechas previas ó nadal ante a situación de desigualdade social existente.
A segunda edición da Ludus Party.net arrancou con máis de 650 participantes. A inauguración oficial correu a cargo do Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Director Territorial de Caixa Galicia e o Director Provincial da Fundación Caixa Galicia.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Ministro de Cultura, César Antonio Molina, foron os encargados de clausurar o I Encontro de Poesía galega que tivo lugar en Lugo os días 29 e 30 de novembro enmarcado nos actos de aniversario da muralla organizados polos Concello de Lugo.
Na clausura o Ministro amosou a súa satisfacción por estar na súa terra, rodeado de poetas e lembrou a figura de García Lorca que lle rendeu tributo á cidade de Lugo, escribindo aquí o seu primeiro poema en galego.
Rematou así o que os poetas participantes cualificaron como “un encontro histórico”, que r
O Servizo de Desratización realizará dende o lúns 3 de decembro ata o mércores día 5, a campaña de choque, que tradicionalmente se organiza para finais de ano.
Nesta ocasión, os traballos retrasáronse algo máis do previsto debido ás intensas choivas das últimas semanas que eliminan efectividade ao tratamento de desratización.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1756
- 1757
- 1758
- 1759
- 1760
- 1761
- 1762
- 1763
- 1764
- …
- seguinte ›
- última »