O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presidiu esta mañá a xuntanza cos membros da Comisión de Seguemento da Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica durante a que o edil presentoulles o borrador redactado polo Concello de Lugo.
Nesta xuntanza estiveron presentes os representantes de asociacións de veciños de zonas saturadas da cidade e doutros sectores implicados como os hostaleiros, os empresarios, os arquitectos, os técnicos municipais; así como, representantes dos grupos políticos municipais e doutras administracións, como a Consellería de Medioambiente e a Su
También se distribuirán 5.000 eco-calendarios que vinculan cada mes del año 2008 a un eco-consejo de ahorro de agua
Este xoves, 20 de decembro, remata o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e para actualizar os seus coñecementos nesta materia, achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
O pasado 14 de decembro reuníuse o xurado do certame de relatos curtos “Trapero Pardo” que organiza a Concellería de Educación desde vai 13 anos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entregaron os diplomas ós ganadores do Certame Educar para Previr que dende o ano 2003 organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo.
Este ano a alta participación, 3.362 rapaces de máis de 20 centros educativos da cidade, fixo máis difícil a selección dos traballos ganadores.
Un operativo de Proteccion Civil estivo botando sal en varias rúas da cidade a partir das 23 horas do día 12 e continuando hoxe pola mañá.
Este operativo que empregou dous esparexedores de sal e botou arredor de 2000 kilos para evitar que se formasen placas de xeo.
O luns comezan novas accións formativas enmarcadas dentro do Proxecto Lugo, Cidade Próxima financiado polo Fondo Social Europeo e desenvolvido pola Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo, que dirixe Sonia Méndez.
Este proxecto consta dun itinerario formativo formado por talleres de habilidades sociais, habilidades laborais, busca de emprego e novas tecnoloxías así como da acción formativa en si mesma, co obxectivo de acadar unha formación o mais integral posible.
A segunda fase do proxecto céntrase na intermediación laboral, onde por medio da orientación laboral e
O xurado do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo, convocada pola Concellería de Educación que dirixe María Dolores Vieiro, reuniuse o pasado mércores, 12 de decembro, para seleccionar ós gañadores da súa XVIII edición. Os organizadores do certame literario destacaron o aumento da participación na convocatoria deste ano, o triple que en edicións anteriores, e a calidade das obras presentadas polos rapaces.
Entre os traballos presentados na categoría de 12 a 14 anos resultou elexida como gañadora a obra Cantos de serea de Brais Lamela Gómez do IES Lasanta Silva de Vilalva.
A VI Carreira Popular Lugo Monumental conta con 2.480 atletas inscritos de toda Galicia e de distintos puntos de España. Na proba de adultos inscribíronse 1.500 corredores e na infantil 980 nenos.
Esta proba, que terá lugar o domingo 16 de decembro, xa cumpre a súa sexta edición e está consolidada no ranking de carreiras galegas ademais de estar moi ben valorada polos participantes, incluso por enrriba de probas máis antigas que esta.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou como relator nunha xornada sobre construcción sostible organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupovilares.
López Orozco presentou ós asistentes o seu relatorio Qué modelo de cidade queremos e o noso futuro como cidade sostible, no que manifestou a necesidade da implicación de todos os axentes sociais e de todos os cidadáns para mellorar a habitabilidade das cidades e a calidade de vida dos veciños.
O Alcalde tamén fixo referencia á necesidade de interrelacionar dun modo lóxico as urbes co seu entorno para acada
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1754
- 1755
- 1756
- 1757
- 1758
- 1759
- 1760
- 1761
- 1762
- …
- seguinte ›
- última »