O Concello de Lugo aprobou o pasado mércores na Xunta de Goberno Local a adxudicación do servizo de servizo de comida de domicilio á empresa Coesco Deza. Así comenza a consolidación dun programa que na súa fase piloto se iniciou en maio do 2007 e da que se beneficiaron unhas 20 persoas.
Os usuarios recibirán na súa casa un menú formado por primeiro e segundo plato, pan e un postre.
Un ano máis o Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, achegan á Feira Internacional de Turismo, FITUR, considerada como un dos escaparates turísticos máis importantes do mundo, a oferta turística da cidade de Lugo.
Que Lugo non recibise nunca un Urban e que o que presenta o Concello este ano conte co apoio de todas as institucións e forzas vivas lucenses, son dous aspectos que o Ministerio de Economía e Facenda, concretamente o departamento de Fondos Comunitarios, terán moi en conta á hora de decidir para onde vai a axuda para o proxecto este ano.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, dixo en anteriores ocasión, e hoxe reiterouno na xuntanza mantida co Director Xeral de Fondos Comunitarios, José Antonio Zamora, que “é de xustiza que Lugo reciba a Iniciativa Urban este ano”.
López Orozco man
O Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Coordinador de Eventos da Fundación Balogal e representante da Fundación Compostela Deporte na capital lucense, Daniel Cordido, e ao Director Deportivo do CB Estudiantes de Lugo, Cristino Menor, a fase local de baloncesto da Compostela Cup do Camiño 2008.
Díaz Grandío destacou que “este importante acontecemento deportivo servirá para promocionar o Camiño de Santiago a través do deporte en distintas cidades galegas para rematar cunha gran final en Compostela.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu aos estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 11:15 horas. Os 27 alumnos suecos acudiron acompañados pola directora e unha profesora do centro educativo de Täby.
Unhas 320 persoas asistirán á comida do Entroido no Centro Social Municipal da Milagrosa o venres 1 de febreiro organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, dirixida por Carmen Basadre.
Os asistentes poderán disfrutar dun típico menú de entroido a un prezo de 6,25 euros.
Unha vez finalizada a comida, os participantes poderán divertirse no baile de disfraces con música en directo.
Ademáis Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para participar o luns, día 4, no Concurso e Degustación de orellas e filloas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá mañá ás 12:30 en Madrid unha entrevista co Director Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, José Antonio Zamora, para explicarlle en primeira persoa todas e cada unha das propostas que recolle o Plan Urban presentado polo Concello de Lugo.
Este é un paso máis por parte do principal responsable municipal no arduo camiño para conseguir que a cidade de Lugo obteña os fondos europeos do Plan Urban, iniciativa á que xa optou noutras dúas ocasións con gobernos diferentes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, asistiron hoxe á clausura do proxecto Lugo Social. Neste programa, encadrado no Eixo 1 do Programa de Iniciativa Comunitaria Equal España e liderado polo Concello de Lugo, participaron preto de 200 persoas.
En Lugo Social destacou a ampla participación de mulleres, foron 105, con respecto aos homes que só foron 94, e tamén o número de inscripcións iniciais, que superaron as 450.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, quixo explicar unha vez máis cal é a postura do goberno local con respecto á ubicación da estación do tren, que algunhas forzas políticas queren trasladar ás aforas de Lugo, concretamente á zona do Ceao,
“Hai un tema que me preocupa moito como Alcalde e como cidadán de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 1 de febreiro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Praza Santa María
Rúa dos Clérigos
Praza Pío XII
Rúa Bispo Basulto
Rúa Bo Xesús
Rúa Nova
Praza do Campo
Rúa do Moucho
Rúa Falcón
Rúa do Miño
Praza do Campo
Praza Soedade
Praza F.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- 1749
- 1750
- 1751
- …
- seguinte ›
- última »