O Ministerio de Defensa realizará en Lugo unha campaña informativa destinada a achegar á mocidade lucense as Forzas Armadas e presentarlles as distintas modalidades de acceso á carreira militar, especialmente dentro do Exército de Terra.
Para elo, unha furgoneta do exército percorrerá os días 8, 11, 12 e 13 de febreiro distintos puntos da cidade para repartir información e atender as solicitudes de todos os interesados.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance da última edición da Mostra de Teatro Clásico organizada pola súa Concellería e Caixanova.
Burgo explicou que “a cita teatral está xa consolidada en Lugo e tamén está consolidándose en Galicia e no Noroeste de España e cada vez é máis coñecida”.
Un ano máis a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro e a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, celebraron o Torneo de Xadrez do Entroido, encadrado no programa Xadrez para Tod@s, e que contou coa participación de 96 rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, ademais de pais e nais que competiron na categoría de familias.
Este torneo celebrouse no Auditorio Municipal Gustavo Freire este luns de Entroido desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 19:00 horas.
O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poidan participar
O poeta lucense Isidro Novo abriu as festas de Don Carnal coa lectura do pregón ás 20:00 horas na Casa Consistorial.
Unha ampla representación de autoridades políticas, económicas e sociais da provincia de Lugo deuse cita hoxe no Pazo de Feiras e Congresos para asistir á inauguración de Fimoble 2008. A que hoxe é a feira máis importante das que se fan arredor do sector do moble en Galicia, espera superar as cifras de negocio do pasado ano (1,5 millóns de euros). 90 fabricantes de mobles de toda España e Portugal que amosarán as súas últimas tendencias en 10.000 metros cadrados de exposición.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, inaugurou hoxe dous cursos para formar especialistas no sector da vixilancia e a seguridade organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo.
O primeiro deles correponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartirán profesionais do Grupo Cetssa e que conta con 40 participantes, o total das prazas ofertadas. A duración do curso é de 180 horas que se desenvolverán ata o 7 de xuño de 2008.
Un ano máis a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro e a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, organizan o Torneo de Xadrez do Entroido, englobada dentro do programa Xadrez para Tod@s.
Este torneo celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo freire o próximo luns día 4 de febreiro dende as 11:00 ás 14:00 horas e dende as 17:00 ás 19:00 horas.
O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poidan participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ó mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas in
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, continuaron na Feira Internacional de Turismo co seu traballo de promoción da cidade neste escaparate mundial do turismo.
Coincidindo co Día de Galicia, López Orozco e Concepción Burgo, aproveitaron cada minuto para seguir establecendo contactos con países que teñen a posibilidade de enviar turistas cara Lugo.
As primeiras xuntanzas de traballo, mantidas pola Concelleira e a responsable do Plan de Excelencia Turística, Isabel Barreiro, centráronse nos touroperadores franceses, co obxectiv
O novo interventor do Concello de Lugo, Marcial Rodríguez Toajas, tomou posesión do seu cargo o venres 1 de febreiro, sustituindo a Rosa Abelleira, actual interventora da Deputación Provincial de Lugo.
O interventor tomou posesión nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Xefa de Persoal do Concello de Lugo.
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, continúa co seu esforzo por promover o acceso democrático, gratuito e libre dos cidadáns ás tecnoloxías da información e da comunicación a través da participación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- 1749
- …
- seguinte ›
- última »