Representantes do Convenio Lugo Cultural presentaron este luns as actividades que se desenvolverán durante o mes de marzo, entre as que se atopan a fotografía, as rutas de sendeirismo, a música e unha exposición.
Unha das catro actividades previstas é unha nova edición do ciclo Pegadas, de rutas de sendeirismo, que presentará o seu programa o día 5 de marzo na Galería Sargadelos co título xenérico de ‘As catro estacións da natureza’.
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, deu a benvida aos asistentes ao acto de presentación de campionato europeo Sub-20 de Balonmán 2008. Neste acto de presentación Luis Corujo Díaz, na súa calidade de representante do comite organizador do campionato, explicou aos asistentes os pormenores que definirán o desenvolvemento da competición.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que se alongará ata o día 12 de abril.
O día 2 de marzo, domingo, arrincarán os actos do programa coa V Marcha pola igualdade, coa que colabora a Concellería de Deportes e que sairá da Praza Maior.
A quinta edición do programa de Almorzos Saudables, posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais, continúa esta semana en tres colexios lucenses nos que participarán 158 pequenos.
O mércores serán os escolares do Colexio María Auxiliadora os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Galén acolleraos o xoves, día 28 de febreiro, no que participarán 45 nenos. O programa rematará a semana visitando o Colexio de Fingoi, no que 55 pequenos descubrirán os fundamentos dun almorzo saudable.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o xerente da Fundación INNOVAPYME de Galicia, José Manuel Cajide, presentaron a xornada Innovación: motor de competitividade empresarial que terá lugar no CEI-Nodus o vindeiro xoves 28 de febreiro.
Os asistentes coñecerán da man de José Ramón Pais Curto, Vicepresidente da Fundación InnovaPyme, as axudas á innovación empresasial ás que poden optar as Pemes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego Sonia Méndez, anunciaron que na vindeira Xunta de Goberno Local se aprobará o inicio do expediente de expropiación do vello cárcere.
Este cárcere, a última cádea modelo que queda en España, non é propiedade totalmente do Concello, senón que pertence ao antigo partido xudicial de Lugo -O Corgo, Castroverde, Castro de Rei, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei e Pol-, pero é o Concello da capital o que vai a facer as obras de rehabilitación, incluídas no Plan Urban, co fin de que teña utilidade pública “é a mellor m
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurou xunto ao Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a xornada titulada “A reciclaxe profesional das mulleres no ámbito rural galego” que se celebrou no Gran Hotel durante a mañá deste martes, 26 de febreiro.
López Orozco destacou que “este tipo de xornadas son unha aposta imprescindible por promocionar a formación e a especialización das mulleres traballadoras e empresarias, pois é un feito fundamental para competir no mercado laboral e abrir novas perspectivas no seu traballo”.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 29 de febreiro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa dos Chaos
Rúa Caravel
Avda.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu este sábado, 23 de febreiro, ao Alcalde de Cudillero, Francisco González Méndez, que está de visita turística na cidade xunto a varios concelleiros e os alcaldes de barrio do municipio asturiano.
O acto tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, onde López Orozco departiu co seu homónimo asturiano sobre temas de interese compartidos por ambos mandatarios como a rehabilitación dos centros históricos e a súa revitalización social e económica; as medidas de potenciación das zonas rurais ou os grandes proxectos de infraes
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, abriu a terceira charla do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1735
- 1736
- 1737
- 1738
- 1739
- 1740
- 1741
- 1742
- 1743
- …
- seguinte ›
- última »