Con motivo da celebración da Semana Santa, o Concello de Lugo lembra que as oficinas municipais e os centros sociais permanecerán pechados os días 19, 20 e 21 de marzo, excepto a Casa Consistorial que abrirá durante os actos institucionais.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Presidente de Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños , presentaron hoxe a guía do comercio lucense: Tes moito Lugo por descubrir.
Nesta guía atópanse as rúas, comercios, prazas e monumentos da cidade, con explicacións en galego, castelán e inglés.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita do novo Comandante Militar da Coruña e Lugo, José María Timón Sánchez, que asumiu o cargo o pasado 3 de marzo.
López Orozco deulle a benvida á cidade e suliñou a importancia de que existan unhas boas relacións cos representantes do Exército de Terra que estarán presentes como cada ano na cidade o vindeiro Martes Santo con motivo da procesión do Bon Xesús e do Nazareno dentro da Semana Santa lucense.
Timón Sánchez explicou que hoxe facía a primeira visita ás autoridades da cidade e da provincia para presentarse forma
SÁBADO, DÍA 15
A rúa Río Navia estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre as rúas Lamas de Prado e Unidade debido ó desmonte dun guindastre de obra.
O corte farase efectivo desde as 8.00 ata 16.00 horas
Os residentes e usuarios de prazas de garaxe poderan acceder os mesmos
DOMINGO, DÍA 16
A rúa García Abad estará cortado ó tráfico entre Camiño Real e Yañez Rebolo debido as obras de arranxo dun canalón no nº 25 da citada rúa.
O corte farase efectivo entre as 9.00 e as 14,00 horas
Os residentes e usuarios de prazas de garaxe poderan acceder os mesmos.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, clausura este sábado, 15 de marzo, as “II Xormadas Lucenses de Prevención en Drogodependencias: a prevención en contextos educativos”, que comezaron o pasado 29 de febreiro e están organizadas polo Servizo Municipal de Drogodependencias.
O acto terá lugar ás 13:30 horas e contará coa participación do Subdelegado do Goberno Jesús Otero Calvo, o Delegado Provincial de Educación Luis M.
Esta noite de venres darán comezo os actos relixiosos de celebración da Semana Santa lucense coa celebración do Vía Crucis pola Muralla, a partir das 20:30 horas, que partirá dende a Praza de Santa María.
Como manda a tradición, os participantes levarán velas acesas e gardarán absoluto silencio durante todo o percorrido.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, que depende da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, inicia unha actividade en pro do civismo.
Como cada ano o Parque Infantil de Tráfico, dependente da Concellería de Educación que Dirixe Dolores Vieiro, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial, organiza os tradicionais cursos de ciclomotor para rapaces de entre 14 e 16 anos.
Os cursos se celebrarán a partir do 11 de abril todas as tardes, de seis a oito, agás os días de actividade escolar.
O Parque Infantil de Tráfico acolleu a selección de participantes no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, que se celebrará en Lugo no mes de maio.
Un total de 20 rapaces e rapazas na categoría de car e bicicleta e 10 na de ciclomotor pasaron o examen no que se escolleron a dous en cada categoría.
Este venres, 14 de marzo, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1728
- 1729
- 1730
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- 1736
- …
- seguinte ›
- última »