O centro social Uxío Novoneyra acolle dende hoxe a exposición O traballo invisible das mulleres, que será inaugurada esta tarde polo secretario xeral da Consellería de Traballo, José Vázquez Portomeñe, o delegado provincial, Miguel Vázquez Calvo, e o Alcalde da cidade, José Clemente López Orozco.
Trátase dunha mostra itinerante promovida pola Consellería de Traballo e que pode verse en Lugo, grazas á colaboración do concello, ata o vindeiro 30 de marzo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron xunto a outros membros da Corporación Municipal as dúas deportistas lucenses Sara Álvarez e Tania Fernández, que recentemente lideraron os podios dos campionatos nacionais das súas disciplinas deportivas o judo e o piragüismo, respectivamente.
O acto tivo lugar este martes, 18 de marzo, ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e contou coa presencia dos adestradores das dúas deportistas e representantes das federación provinciais de judo e piragüismo.
A judoca, Sar
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro presentou os obradoiros de Ciencia Divertida nos que participarán 14 centros educativos da cidade entre o 27 de marzo e o 21 de abril.
Vieiro explicou que os obradoiros ofrecen a posibilidade de enseñar a ciencia de forma diferente.
O Centro Social Municipal Uxío Novoneyra abrirá ao público durante a Semana Santa a sala de exposicións que acolle dende o pasado luns, 17 de marzo, a exposición “O traballo invisible das mulleres” e que permanecerá aberta ata o vindeiro 30 de marzo.
O horario da apertura da exposición será polas tardes de 16:00 a 21:00 horas, tanto os días festivos como na fin de semana.
Esta é unha mostra itinerante promovida pola Consellería de Traballo e que pode verse en Lugo, grazas á colaboración do concello.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, abriu este martes o acto no que Vicepresidenta Terceira da Deputación, María Xosé Vega, presentou o Plan Director de Turismo 2008-2011. Este plan pretende ser un instrumento real e dinamizador do sector turístico, en aras de crear na provincia de Lugo un sector turístico coordinado e profesional, partindo da formación, sensibilización e unidade da sociedade.
Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.
A Corporación Municipal lucense e a Armada renovaron por 56º ano consecutivo os seus vínculos e participaron no tradicional desfile precesional da Irmandade da Nosa Señora da Virxe da Esperanza, da cal a Armada é Irmán Maior Honorario dende o ano da súa constitución.
Arredor dun cento de membros da Unidade participaron en Lugo na celebración deste luns de Semana Santa.
As procesións continúan protagonizando o programa de actos de celebración da Semana Santa, que organizan conxuntamente a Concellería de Cultura e a Xunta de Confrarías. Nos vindeiros días destaca a procesión da Última Cea, que terá lugar o Xoves Santo, e que é a única da Cristiandade en levar o Sacramento por ser Lugo a cidade que o alberga.
O Concello de Lugo abre o prazo de matrícula na Escola Infantil Serra de Outes e os pais interesados en inscribir aos seus fillos nesta gardería para o curso 2008-2009, poderán facelo dende o 15 de marzo ata o 15 de abril.
O impreso de solicitude de nova praza está dispoñible na Oficina de Atención ao Cidadán, nas dependencias da Concellería de educación e na propia gardería.
Con motivo da celebración da Semana Santa, o Concello de Lugo lembra que as oficinas municipais e os centros sociais permanecerán pechados os días 19, 20 e 21 de marzo, excepto a Casa Consistorial que abrirá durante os actos institucionais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1727
- 1728
- 1729
- 1730
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- …
- seguinte ›
- última »