Comeza a edición número XXXVI do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo.Semana do Corpus.
Exposicións, actividades escénicas, cursos e conferencias centran a oferta cultural
En 2007, Caixa Galicia celebrou máis de 350 actos e rexistrou máis de 200.000 asistentes
O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre a institución financeira e a Administración local para a posta en marcha de actividades culturais nesta cidade.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe no Salón de Plenos da Casa do Concello ao grupo de seis experto da Asociación Europea de Establecementos de Ensino de Veterinaria (EAEVE) que dende o pasado martes 8 de abril estiveron a realizar o proceso de avaliación europea por parte da para renovar a acreditación coa que contan dende o ano 2000 a Facultade de Veterinaria de Lugo.
O Alcalde, deulles a benvida á cidade e explicoulles o importante que é o Campus da Universidade para Lugo, como un motor de desenvolvemento económico, cultural e social.
A Concellería abrirá un novo punto de información xuvenil na praza do Castiñeiro
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, anunciou que a súa Concellería está a preparar tódalas actividades que a nova edición do Elixe 2008 vai ofertar proximamente.
Basadre explicou que “por primeira vez neste programa déuselle oportunidade ás mozas e mozos da cidade de elixir o tipo de actividades de ocio que desexan realizar e de amosar as súas inquedanzas neste senso”.
O vindeiro domingo 13 de abril ás 12:00 horas terá lugar a quinta proba do circuíto Corre con Nós que transcurre íntegramente pola estrada do Paseo do Rato adoptando distintas distancias en función das categorías dos corredores e das corredoras.
A saída e a meta estarán situadas no extremo da estrada do Rato que conflúe coa Nacional VI, dende donde sairán as diferentes categorías.
A primeira das carreiras corresponderá a categoría A que percorrerá una distancia de 800 metros para as rapazas e rapaces nados entre o 99 e o 2003 cun percorrido de 400 metros de ida e volta polo asfal
López Orozco destaca que “se consensuamos o plan entre todos, iso sería un gran avance para Lugo”
O Alcalde de Lugo, José López Orozco deu conta hoxe da xuntanza mantida cos grupos políticos para analizar as modificacións introducidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
López Orozco, destacou que a semana que ven se fixará definitivamente un calendario que recolla os pasos a dar para levar o documento urbanístico a Pleno. “Seguimos estudando a documentación recibida, e o traballo progresa adecuadamente.
O Concelleiro de Transportes, José Rábade, propuxo esta mañá ante a Comisión de Tráfico, a elaboración dun novo prego e dunha nova ordenanza do servizo de ordenación e regulación de aparcamento. A proposta incluiría a creación de diferentes zonas de estacionamento segundo as necesidades de utilización nas distintas zonas da cidade.
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, colabora, un ano máis, o Movemento de Renovación Pedagóxica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT e coa USC, na Xornadas que dende fai 6 anos de están a desenvolver na Cidade de Lugo e que están abertas a todo o profesorado da nosa Comunidade.
O martes 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Xitanos. Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no Primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, está tendo nos últimos anos unha importante difusión.
Se elimina el proceso de cloración sustituyéndolo por una ozonización que no genera subproductos indeseados para la salud
El presidente de la Confederación Hidrográfica del Norte, Jorge Marquínez, acompañado por el alcalde de Lugo, José López Orozco, visitó esta mañana la nueva Estación de Tratamiento de Aguas Depuradas (ETAP), que se enmarca en la primera fase de la actuación de “Abastecimiento de agua a Lugo”, presupuestada en 34,6 millones de euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1720
- 1721
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- …
- seguinte ›
- última »