Mañá, luns 5 de maio, comeza a sexta edición da Semana da Oralidade, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro.
A web municipal realizou unha enquisa sobre as medidas máis útiles do proceso de mellora e modernización na atención ao contribuinte realizada polo Concello de Lugo apostando pola claridade e a transparencia na xestión.
Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 51,97% dos votos (con 79 votos) dos lucenses considera que o máis cómodo e o pago a través da web do Concello mediante unha pasarela de pagos.
Para o 19,07% dos participantes (con 29 votos) é moi útil a domiciliación do recibo que agora se cargará nos últimos 15 días do prazo fixa
O grupo de rock galego Ruxe Ruxe ofrecerá o sábado día 10, ás 20:00 horas, un concerto a beneficio da Fundación Anade Galicia, dedicada á inserción laboral de persoas con discapacidades e enfermidades mentais a través das artes escénicas.
Na organización deste evento colabora tamén a Universidade de Santiago de Compostela, que, entre outros apoios durante o ano, cede o local para a actuación, que será no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus lugués.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 16 de abril, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de Oficial Electricista.
As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es.
O Excelentísimo Concello en Pleno aprobou por unanimidade a adopción do acordo de expresar a condolencia da Excma. Corporación Municipal ás familias do ex-presidente D. Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo e do ex-concelleiro lucense D. Aniceto Codesal Lozano.
No Acordo os tres grupos con representación municipal deciden “que é obrigado facer no día de hoxe unha lembranza da figura de Calvo-Sotelo. Con 82 anos morre o que foi o segundo presidente do Goberno da España constitucional, o primeiro en falecer.
O Concello de Lugo vai impartir seis accións formativas de plan FIP (Formación para a Inserción Profesional) dirixidas a persoas en situación de desemprego, grazas a unha subvención de 285.000 euros da Consellería de Traballo, así o indicou a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
Os cursos que se impartirán son os seguintes:
* TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO INDUSTRIAL, de 590 horas.
* AXENTE DE INNOVACIÓN, de 200 horas. (Acción Experimental)
* TÉCNICO EN AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE SISTEMAS E MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, de 150 horas.
María José Rubio Vidal agradece ao persoal a súa colaboración na posta en marcha dos plans de mellora da asistencia sanitaria en toda Galicia
A conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde, María José Rubio Vidal, visitou hoxe a provincia de Lugo para facer entrega no Consultorio de Nadela do último dos desfibriladores destinados a centros de saúde da provincia. No acto, estivo acompañada polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deu conta á Comisión de Contas da liquidación do orzamento do Concello de Lugo para o ano 2007 que pecha o exercicio cun superávit de 4 millóns de euros e que se debe á boa evolución dos ingresos e á axeitada racionalización do gasto.
O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará mañá, día 30 de abril, coa actuación de Luz Casal no Auditorio Gustavo Freire ás 22:30 horas.
A artista galega reaparece na cidade con Vida tóxica, o disco máis poético da súa traxectoria. Nel conflúen varias vertentes que Luz foi coidando ao longo dos anos. Como letrista, bebe da poesía de xeito meritorio, acadando textos de calidade grazas á exactitude das palabras escollidas, a adxectivación e o uso das metáforas.
O evento foi presentado polos organizadores da competición así como polo Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá ata o vindeiro domingo a participación de máis de mil xogadores.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- 1718
- 1719
- 1720
- 1721
- …
- seguinte ›
- última »