O Conservatorio Profesional de Música acolle os concertos de cámara desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo que promove o Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. Este importante apartado do festival adoita ofrecer diferentes perspectivas deste xénero da música de cámara e unha gran variedade de instrumentos, dedica este concerto ao trío de frauta, cello e piano. Os compoñentes deste trío que actuará o martes 13 de maio son o frautista francés Laurent Blaiteau, o violoncellista alemá Thomas Piel e a pianista francés Emmanuelle Janisz.
Toda persoa merece o respecto á súa dignidade persoal. Respecto que ha de ser maior cando se trata de alguén que sofre. A dor é inevitable, tarde ou cedo chega ás nosas vidas e cando o fai, xeralmente e de forma paradoxal, irmándanos.
A autoescola Europa adquiriu hai uns días un vehículo adaptado grazas ao cal, Lugo deixa der ser a única provincia galega que carecía dunha autoescola adaptada. Coa intención de facilitar que as persoas con discapacidade obteñan o carné de conducir, a autoescola Europa e a Federación de persoas con discapacidade da provincia de Lugo (COGAMI-Lugo) asinarán un Convenio que aportará certos beneficios a todos aqueles cidadáns que queiran sacarse o carné.
O Alcalde xa anunciou que haberá un II Plan Estratéxico a partir do 2009
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza co Comité Executivo do Plan Estratéxico para analizar a evolución deste documento que recolle a planificación ou folla de ruta que segue o Concello de Lugo para a modernización e avance do municipio.
López Orozco referiuse á importancia de que este Plan se desenvolva tan ben, “xa lles anuncio que tan pronto remate este Plan, finais do 2009, prepararemos o II Plan Estratéxico da cidade, coordenándonos co da provincia, que seguro xa e
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, organizou xunto cos responsables do Servizo de Prevención de Drogodepenzas do Concello de Lugo, unha xornada para dar a coñecer a cara oculta das drogodependencias.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 9 de maio o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Frai Placido Rei Lemos
Paseo Vila de Foz
Rúa Cidade de Viveiro
Rúa Villa de Sarria
Rúa Cedrón del Valle
Rúa Pascual Veiga
Rúa Xeneral Tella
Rúa Ribadeo
Rúa Recatelo
Rúa Dr. Garcia Portela
Praza de Avilés
Rúa Armando Durán
Rúa Xacobe Iii
Rúa Garañón
Parque Rosalia de Castro
Costas do Parque
Carril dos Loureiros
Rúa Villalba
Avda.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou hoxe o calendario de traballo para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Explicou que se trata dun calendario consensuado entre todos e do que todos serán responsables.
O luns día 12 de maio completarase toda a normativa do Plan Xeral que será estudada polos técnicos municipais e polos representantes políticos.
O mércores 21 estará tamén o equipo redactor.
Mañá venres, 9 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme O tren da memoria. A película retrata o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a prosperidade en Europa nos anos sesenta. Fóronse para uns meses e ao final quedaron trinta anos.
O vindeiro sábado, día 10 de maio, ás 13:30 horas, nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico terá lugar a entrega de premios aos gañadores do VII Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo de carácter rexional, que todos as anos convoca o Concello de Lugo en colaboración coa Xefatura Provicial de Tráfico e a Fundación Mapfre de Seguridade Viaria.
Durante todo o día en horario de 10:30 á 13:30 e de 16:30 á 19:30 horas, nas carpas instaladas ao efecto, estarán expostos para se visiten, todos os debuxos que resultaron gañadores do concurso, así como todos os restantes que s
O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará mañá, día 9 de maio, coa actuación de Humor Neghro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
Humor Neghro, é un espectáculo de humor e música no que se unen estes dous talentos e que pretende reflexionar sobre unha realidade tan próxima, tan galega e tan africana como é a emigración/inmigración; pretende tamén crear lazos entre razas e culturas partindo do que poden ter en común un humorista galego e un cantor centro-africano: o idioma.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1710
- 1711
- 1712
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- 1718
- …
- seguinte ›
- última »