O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, ofrecerá mañá en Lugo a proxección dun novo filme dentro do programa Cinensino.
Mañá en horarios de 10:00 a 12:00 e de 12:00 a 14:00 horas. proxécatse a terceira película do ciclo Cinensino para rapaces de Secundaria: Un puente hacia Terabithia.
Trátase unha fablusosa historia a partir da que se poden traballar algúns valores, elementos importantes que teñen que ver coa prevención das drogodependencias nos mozos e mozas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo a primeira xuntanza dunha serie de reunións que terán lugar ao longo desta semana e nas que analizará a evolución do Plan Estratéxico do Concello de Lugo.
Hoxe mantivo unha xuntanza cos presidentes das catro liñas estratéxicas e posteriormente cos responsables da liña número 3, centrada na Actividade Económica.
Esta liña conta con 47 proxectos estratéxicos dos cales 36, é dicir, o 76.60% están xa iniciados.
O vindeiro domingo 11 de maio, terá lugar a sexta proba para os adultos e a séptima para os rapaces do Circuíto de Carreiras Populares Corre Con Nós organizada pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.
A proba terá como base as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera como punto de saída e chegada das 4 carreiras que se disputarán a partires das 12:00 horas.
Ata o de agora o circuíto ten un total de 2.400 participantes inscritos que correrán nas diferentes categorías que percorrerán as seguintes distancias:
Categoría A: 800 metros ( dentro das pistas d
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asistiu á presentación da xornada Axudas e Subvencións para autónomos que tivo lugar ao longo desta mañá no Salón de Actos do Centro de Empresas e Innovación.
A xornada, impartida por Pilar Fernández, xefa do servizo de promoción de emprego da delegación provicial da Consellería de Traballo en Lugo, permitiu aos asistentes coñecer diversos temas sobre axudas e subvencións para os traballadores autónomos.
Na xornada, á que asistiron unhas 50 persoas, tratouse un completo programa no que se explicou as características dos beneficia
Maña celebrarase o segundo dos os concertos en familia do Festival de Música Cidade de Lugo que este ano aumentou a súa oferta a tres actividades que teñen lugar a media tarde doutros tantos sábados no Círculo das Artes.
Un instrumento, o violín, será o protagonista deste concerto no que Florian Vlashi descubrirá aos máis novos moitos aspectos da historia e os misterios da maxia do son deste fermoso instrumento.
A empresa de control ambiental Sanal realizará dende o mércores 14 de maio ata o venres 16 a primeira fase de choque da campaña de desratización do ano 2008, dentro do plan previsto pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela.
Neste proceso realizarase un tratamento de desratización intensivo que chegará a todos os puntos do termo municipal, revisando e repoñendo todos os cebos raticidas, tanto a nivel externo como interno, cubríndose especialmente as áreas de risco de proliferación de roedores.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e algúns membros da Corporación asistiron hoxe á posta en marcha dun novo canil situado no barrio de Acea de Olga, concretamente en Alfonso X O Sabio.
Trátase dun novo servizo para os lucenses cunha superficie total de 3.150 metros cadrados e unha zona de cespede de 2.100 metros cadrados.
Un ano máis o Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo fai entrega dos premios do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo que cada ano convoca o Concello en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico e a Fundación Mapfre.
Este ano participaron 490 debuxos chegados dende 21 centros educativos de toda Galicia, o que confirma o éxito desta iniciativa que a Concellería de Educación pon en marcha por sétimo ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- …
- seguinte ›
- última »