O Concello de Lugo patrocina, xunto cos concellos de Meira e Castroverde, a XV Marcha Cicloturista Riberas del Eo que terá lugar este domingo 31 de maio.
A proba sairá ás 16:00 horas desde a Praza Maior cara a Ronda da Muralla, Montero Ríos, Ronda de Fontiñas e San Eufrasio dirección a Castroverde. O pelotón pasará por Mosteiro e Rioxoan onde se realizará unha parada de 20 minutos para o avituallamento completo. Sobre as 18:40 horas iniciarase en Chao Pousadoiro un tramo libre de 9 quilómetros cunha pendiente media do 7% e máxima do 10% que rematará no Alto da Ribeira.
O programa do concerto do xoves 29 de maio no Círculo das Artes estará centrado na música de salón e a ópera belcantistas, cunha especial dedicación ás arias e dúos das óperas de Rossini. Do célebre compositor italiano Gioacchino Rossini poderán escoitarse arias e dúos de óperas tan coñecidas como La Cenerentola, O barbeiro de Sevilla e Tancredi. O programa o completan cancións e duettos do propio Rossini e doutros compositores como Tosti ou Meyerbeer e rematará, case coma unha sorpresa, co dúo final da ópera Carmen de Bizet.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 30 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o presidente da Federación de natación Sincronizada de Galicia e, Fernando Timidaos, o Presidente do Club Porta Miñá de Lugo, presentaron o curso de iniciación á natación sincronizada que comezará o vindeiro sábado, 7 de xuño na piscina de As Pedreiras.
Díaz Grandío indicou que “é unha actividade novedosa, maioritariamente feminino, e que agardamos que sirva de xermen nestre periodo pre-estival para crear afición a este deporte e poder retomar a actividade no vindeiro curs
O programa Xoves con Arte, deseñado pola Concellería de Xuventude coa finalidade de promover actividades de ocio relacionadas coa cultura, o arte e o humor entre a mocidade lucense, continúa o vindeiro xoves 29 de maio ás 21:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire coa representación da obra En la cama.
A obra, basada na película chilena co mesmo nome, conta a historia dun mozo e unha moza que se atopan nunha festa, se gustan e deciden ir a un hostal. Deste modo, os que ata entón eran completos descoñecidos vanse entregando na intimidade da cama.
O importe ascende a 95.000- euros
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron a unidade de actuación Sur-2.
A unidade ubícase en Montirón, entre as rúas Rof Codina, Virxe da Esperanza e Illa Coelleira, viais que se amplían e aos que se suma un novo de 15 metros de ancho. Trátase de amplios viais con dous carrís, e aparcamentos a ambos lados.
O proxecto inclúe, ademais, a execución dunha praza na que se integran zonas peonis, zonas verdes arboladas e dúas zonas de xogo.
Con motivo da celebración do espectáculo Fama, A Bailar!
O presidente da Xunta inaugurou esta mañá en Lugo o Centro de Interpretación da Muralla no que se conxugan "un delicado labor de rehabilitación arquitectónica cun plan museográfico coidado, ben deseñado e atractivo"
Sitúa o centro como a "demostración real" do esforzo realizado no Plan de Excelencia Turística no que participan Goberno central, Xunta e concello de Lugo
"Todo o que se faga por revitalizar e engrandecer o noso patrimonio monumental, histórico, artístico e cultural estará sempre entre as prioridades do Goberno galego", a
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1702
- 1703
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- 1709
- 1710
- …
- seguinte ›
- última »