O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a 15 veciños da aldea ourensá de Mones que están a realizar unha marcha a pé dende A Coruña ata a súa vila.
Forman parte da Asociación Cultural Amigos de Mones que trata de reactivar a vida social, cultural e económica deste pobo que se está a quedar sen veciños, na actualidade só hai 20.
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa II Ruta Ecuestre Labio-Vilachá que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño, organizada pola Asociación de Cabaleiros da Feira de Aday. Os participantes percorrerán unha distancia de 10 quilómetros transcorrendo os montes e sendeiros da zona. A ruta finalizará cunha comida campestre no recinto no que haberá un servizo de pulpería e bar ao longo de todo o día. Pola tarde comezarán as probas de andadura: - Andadura dous tempos (Serrada) - Andadura catro tempos (Chapeada) - Andadura trotóns.
A sesión ordinaria do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo hoxe venres 27 de xuño de 2008, contou coa asistencia de: Ana María Rúa Souto, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Innovación e Industria, que presidiu o Padroado; Ramón Cortés, Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria; Luís Abelleira, presidente de APREVAR; Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Xosé Anxo Lage Suárez, concelleiro de Lugo; Xosé Manuel Barreiro
O Concello de Lugo recibiu hoxe os resultados da análise da auga da fonte Agro do Castiñeiro. A toma da mostra realizouse ás 17:00 horas do día 20 de xuño, data na que se detectou o brote de sigelosis e na que dende o Concello se deu aviso do mesmo a través do portal web municipal e da prensa.
Os catro litros de auga que foron analizados deron como resultado ausencia tanto en Shigella como en Salmonella.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiu hoxe na Casa do Concello a un grupo de rapaces e rapazas de Chernobyl que pasarán os meses de verán na cidade.
Os rapaces foron acollidos por familias lucenses grazas a asociación Ledicia Cativa, que leva xa varios anos traballando para que os cativos menos favorecidos poidan pasar o verán na cidade lonxe das situacións que viven nos seus países de orixe.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a xuntanza do padroado do CETAL na que fixo un balance das actividades da fundación así como das súas contas anuais. López Orozco afirmou que “nesta xuntanza tratouse de dar máis continuidade á Fundación e tratar de apurar aínda máis a construción do edificio que servirá como soporte físico do CETAL”.
Por outra banda, o Alcalde explicou que nesta xuntanza se aprobou a presencia do novo director xeral do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo, Enrique Rey, en todas as reunións do padroado con voz pero sen voto.
Mañá venres, 27 de xuño, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Os lucenses poderán disfrutar co filme El mejor día de mi vida. O protagonista, Arthur, estaba seguro de que con Lola non caería nos tópicos da parella convencional. Pero, ao cumprir os trinta, ela recupera a idea do príncipe encantado e pídelle unha verdadeira proba de amor: o matrimonio.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, e o presidente da Asociación Provincial de Autoescolas, José Luis García, presentaron hoxe a xornada sobre seguridade viaria na moto que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xullo baixo o título Bike con tento.
A Concelleira explicou que “un total de 50 persoas, maiores de 16 anos, poderán asistir de balde a este curso teórico-práctico en xornada de mañá que trata de transmitir ás mozas e mozos lucenses as principais técnicas de manexo seguro”.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o presidente da Asociación Carballeira de Nadela, Manuel González Domínguez, e o tesoreiro Ángel López Díaz, presentaron hoxe a IV Feira de San Pedro.
Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar que nos anos anteriores tivo moito éxito de asistencia.
Dende o pasado luns 23 de xuño, estase a celebrar nas Instalacións Deportivas Municipais de Frigsa o Campus de Baloncesto Cidade de Lugo.
Este Campus está organizado pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, e o Club ademáis Club de Baloncesto Cidade de Lugo, coa colaboración do Club Porta XI Ensino e o Club Baloncesto Triscos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1685
- 1686
- 1687
- 1688
- 1689
- 1690
- 1691
- 1692
- 1693
- …
- seguinte ›
- última »