A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou a posta en marcha de forma inmediata da primeira Oficina de Información Europea que pon en funcionamento un Concello en toda Galicia.
É un proxecto pioneiro co que o Concello de Lugo trata de dar resposta á demanda de información da mocidade lucense sobre aspectos relacionados co mercado laboral europeo e coa súa formación no estranxeiro.
Esta Oficina, dirixida especialmente á mocidade, estará ubicada no complexo CEI-NODUS e comezará a funcionar de inmediato, ofrecendo información relacionada coa mobilidade xeográfi
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo hoxe pública a obra gañadora do certame de deseño gráfico de San Froilán 2008 que se convertirá no cartel anunciador das festas deste ano. A premiada foi Carmen Novoa Fernández, lucense que está a estudar cuarto de Belas Artes na Universidade Pontificia de Salamanca.
A artista gañadora do concurso, ademais de ter a honra de ser a autora do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que o luns 6 de outubro, actuará na Praza Horta do Seminario Diego, el Cigala. O concerto formará parte do programa de festas de San Froilán de 2008 que está a preparar a súa Concellería.
Burgo resaltou "a calidade do artista que achegará a cidade os sons flamencos que o converteron nun dos músicos máis destacados deste estilo e cun recoñecemento internacional".
Ramón Jiménez Salazar é o nome que aparece no pasaporte do Cigala.
A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro organiza, en colaboración con El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum, unha programación de actividades de verán protagonizada polo xadrez e a lectura.
As actividades encádranse nos programas Verán Lúdico e Viaxe pola historia do xadrez que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.
O programa de "Verán Lúdico" estase a desenvolver na piscina descuberta de Frigsa de luns a venres, en horario de 16:00 a 19:00 horas, ata o 31 de agosto.
O Centro Social Díaz de Castro acolle hoxe á proxección de Alicia en el País de las Maravillas dentro do programa Videoforum infantil. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento, e por tanto da actividade.
Ao final da proxección os rapaces terán que completar unha folla con actividades para resolver, relacionadas coa película, nas que se pon en xogo o razoamento lóxico, os xogos de palabras, etc.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron conta da xuntanza da Xunta Directiva da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo celebrada hoxe na Sala de Xuntas do Centro de Empresas e Innovación.
López Orozco presentou ante os medios de comunicación ao novo Director Xerente da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD), Pedro Cobo Domínguez. O Alcalde explicou que será o encargado de impulsar o Pacto e desenvolva todas as actuacións relacionadas coa asociación.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco asistirá ao acto de presentación oficial do libro "Historias de vida en el medio rural" elaborado por FADEMUR e que terá lugar o sábado ás 12:00 horas na Deputación Provincial e contará coa presenza do Presidente autonómico, Emilio Pérez Touriño, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a Presidenta de FADEMUR en España, Teresa López e con máis de 200 mulleres rurais. Haberá proxeccións audiovisuais e unha actuación musical.
Testemuñas reais
O número de beneficiarios lucenses dos programas de inserción laboral, para os que se destinan 55,8 millóns de euros neste ano, supera as 17.000 persoas
O conselleiro de Traballo visitou hoxe a escola obradoiro ‘Escola Solidaria’ do Concello de Lugo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco visitou xunto ao Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, os Concelleiros de Emprego, Sonia Méndez, e Urbanismo e Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, e o Delegado provincial de Traballo Miguel Vázquez Calvo, as obras de rehabilitación da antiga escola ru
O Concello de Lugo celebrará este domingo 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, unha convocatoria xa consolidada e que o ano pasado contou con 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
Esta nova edición conta con algunhas novidades. En primeiro lugar, delimítase o espazo que poden ocupar os pintores a só o recinto amurallado e o adarve da Muralla.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acudiu hoxe na Casa da Cultura do Concello de Parres, en Arriondas ao acto de presentación da 72 edición do Descenso do Sella que terá lugar o 9 de agosto na localidade asturiana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1681
- 1682
- 1683
- 1684
- 1685
- 1686
- 1687
- 1688
- 1689
- …
- seguinte ›
- última »