O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciaron a posta en marcha dunha serie de medidas que contribuirán a mellorar a actual situación económica.
López Orozco, anunciou que o Concello, que é a administración máis próxima á cidadanía "apretarase o cinto, para garantir a estabilidade das economías domésticas na medida das nosas posibilidades, e sen afectar nin o máis mínimo ao gasto social, que aumentará".
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, acompañada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitaron aos artesáns que comezaron este sábado 19 de xullo as mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividades culturais Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería.
Concepción Burgo comprobou o traballo artesán realizado por un soprador de vidro chegado dende Uruguai -Marcel Pazos-, un zapateiro -X.
O 25 de xullo toda Galicia estará a celebrar a festa de Santiago Apóstol e o Concello de Lugo únese á festividade organizando unha actuación da asociación cultural Cántigas e Frores.
O grupo, que é unha das agrupacións máis antigas e máis consolidadas da cidade, fará disfrutar ao público coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. O seu repertorio popular, de música e danza con raíces, será o especial homenaxe de Lugo ao patrono de España.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou o servizo de Vixilancia e Salvamento Acuático nas áreas fluviais que comezou a funcionar con 6 traballadores titulados en Salvamento Acuático.
O obxectivo deste servizo, que o Concello de Lugo pon en marcha cada mes de xullo, e que permanece activo ata setembro, é evitar accidentes nas zonas de baño habituais, e actuar nos casos en que sexa preciso.
A Mesa de Contratación acordou hoxe declarar que unha das empresas presentadas para a contratación de obras do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), concretamente a UTE Construcciones Coto Ribadeo, S.L. e Construcciones y Estudios, S.A.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, tocará por primeira vez Diamantes, obra do músico e compositor Anxo Castelo Corredoira.
O autor da peZa naceu en Miraz, Friol, e comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música da Coruña. É autor de moitas obras musicais como Ese Cabalo, Mambo Sur, etc.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou unha novidosa actividade que terá lugar a vindeira semana en Lugo. Os días 22 e 23 de xullo parará na cidade o Wii Fit Tour 2008 baixo o lema Ponte en marcha con Wii Fit.
Como indicou o Concelleiro de Deportes, trátase dunha acción de promoción do exercicio físico neste caso empregando un novo formato de videoxogo adaptado a determinados deportes: ioga, tonificación muscular, aeróbic...
É unha acción de promoción da actividade deportiva, que tivo unha gran acollida por todos os públicos
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou as mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería que comezarán este sábado, día 19 de xullo, coa demostración dos traballos dun soprador de cristal, un zapateiro, e un oleiro que estarán acompañados por un conxunto folclórico.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu ao acto de irmandamento dos ríos Miño e Sella que tivo lugar na cidade de Lugo. Tamén estiveron presentes os Alcaldes de Parres (Arriondas) Manuel Millán, e de Ribadesella, Ramón Manuel Canal.
O acto comezou cun encontro dos responsables políticos na Casa do Concello.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, e o representante da asociación Deportiva Fefeme, José Ángel Fernández, a XX Triatlón do Miño. Esta mítica proba disputarase o sábado 19 xullo en Lugo.
Esta proba é un clásico no calendario deportivo lucense e estructurarase da seguinte maneira:
-Triatlón de promoción categorías menores (alevín, infantil e cadetes) sairá ás 16:00 horas da zona dos Robles.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1680
- 1681
- 1682
- 1683
- 1684
- 1685
- 1686
- 1687
- 1688
- …
- seguinte ›
- última »