Debido á posibilidade de que chova ao longo do día, o xoves 24 de xullo suspéndese a actividade inchables e obradoiros para cativos instalada na Praza Maior a partir das 18:30 horas.
A semana que ven, luns e xoves, continuarán con normalidade dentro do horario previsto pola Concellería de Muller e Benestar Social.
Desculpas polas molestias.
O luns 28 de xullo ás 11:00 horas está convocada unha xuntanza da Comisión Especial de Estudo do Planeamento que terá lugar no Salón de Comisións da Casa do Concello.
A xuntanza que se convocou o mércores 23 de xullo e que foi remitida inmediatamente a todos os grupos políticos que forman parte da Corporación, foi a iniciativa da Delegada de Urbanismo, María Novo.
A orde do día desta Comisión é a seguinte:
1.- Estado actual da tramitación do Planeamento.
2.- Incidencia da lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, pola que se
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou esta mañá o plan de obras de mellora que se realizarán ao longo deste verán nos centros educativos da cidade.
La Fundación Lucus Augusti, dependiente de APEC, inauguró sus nuevas instalaciones situadas en la Plaza del Campo de esta ciudad.
O concerto do grupo Lúa da Fouce dará continuidade este mércores 23 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra á Vicerreitoría de Cultura da USC, Concello de Lugo, Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia.
Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celébranse varias actuacións musicais este verán co obxectivo de recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.
Por isto, este ano os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos.
O Concello de Lugo realizou unha enquisa on-line sobre a opinión dos lucenses sobre o novo portal web www.lugo.es. A maioría dos participantes (case o 40%) valoran moi positivamente que cada vez permita máis xestións on line.
Para o 22,06% dos participantes (con 47 votos) o novo portal é máis útil e claro, mentres que o 16,43%% dos internautas (con 35 votos) opinan que ten máis contido e un deseño máis limpo.
Mañá xoves, 24 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar co documental que mostra a loita dos traballadores de Sintel durante os 187 días que estiveron acampados na beira da Castellana: El efecto Iguazú.
Os oitocentos empregados da empresa de telecomunicacións Sintel, cun alto índice de afiliación sindical, esta
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Verán destinado ás rapazas e rapaces que participan nas Aulas Abertas do Centro Social Municipal de Fingoi.
Esta excursión, terá lugar o 28 de xullo para as nenas e nenos de entre 4 e 6 anos e o 30 de xullo para os de 7 a 12 anos.
A praia portuguesa de Canide Norte en Freguesía de Canidelo, Gaia, acolle esta fin de semana o I Torneo de Volei Praia do Eixo Atlántico. Nestes tres días de campionato, 25, 26 e 27 de xullo, os rapaces e rapazas participantes demostrarán o seu saber hacer no campo de area.
En representación do Concello de Lugo acuden un total de 12 xogadores, todos pertencentes ao club EMEVÉ.
Tamén se presentou o libro Te lo diré mil veces, somos iguales
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado da segunda tenente de Alcalde e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e do Alcalde de Trabanca, José Luis Pascual Criado, presentou a Guía de Boas Prácticas elaborada polo Concello de Lugo dentro do programa europeo Lugo Social.
O Concello de Lugo edita 500 exemplares desta guía en galego e castelán e cds en inglés, galego e castelán para enviar a todos os socios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1679
- 1680
- 1681
- 1682
- 1683
- 1684
- 1685
- 1686
- 1687
- …
- seguinte ›
- última »