A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns europeos.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Director Xeral de Novas Tecnoloxías, Efrén Arias, participaron hoxe, xoves 4 de setembro, nunha mesa redonda sobre E-learning en hospitales: exemplos de boas prácticas que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela dentro do programa do Congreso EDUTEC.
A Xunta Local de Seguridade celebrou unha xuntanza esta mañá no Concello de Lugo para establecer o Plan Operativo das Festas de San Froilán 2008.
A Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero convoca o Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero ó que poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, indicou que os deseños contribuirán a destacar o tema da violencia de xénero, debéndose centrar na prevención, o eixo central destas xornadas qu
Equigal, que se presentou no Pazo Provincial, incluirá espectáculos de máxima altura a nivel mundial
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá Equigal, o Primeiro Salón Monográfico do Cabalo de Pura Raza Española, do 11 ó 14 de setembro, unha iniciativa coa que colabora a Deputación de Lugo. No acto de presentación este xoves na Deputación provincial, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción por que se elesixe esta cidade para celebrar o Salón, “un acontecemento artístico e cultural, pero tamén dunha grande importancia económica”.
Lugo pódese considerar xa un destino turístico consolidado. E boa proba desta afirmación son os datos facilitados polo Centro de Recepción de Visitantes recentemente posto en marcha na Praza do Campo.
A Concelleira de Cultura e Turismo informou dos visitantes que ao longo deste verán pasaron por este Centro a solicitar información sobre a cidade. Entre os meses de xuño e agosto, 16.814 persoas pasaron por este novo punto de información turística municipal.
O turismo nacional mantense como en anos anteriores.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou unha nova cita musical para as vindeiras festas de San Froilán que se celebrarán entre o 4 e o 12 de setembro. Os amantes do rock poderán disfrutar o día 7 de outubro, ás 22:00 horas, actuará na praza Horta do Seminario do grupo Los Suaves.
Pero son xa moitas máis as actuacións confirmadas para as vindeiras festas patronais e que constitúen boa parte dos atractivos dun completo programa, equilibrado e ambicioso.
O Concello de Lugo emitirá dende o 1 de setembro todos os seus Plenos en directo a través do portal web municipal: www.lugo.es. Trátase dunha novidade que incorpora o recén estreado portal municipal que pretende ser unha de comunicación directa coa cidadanía.
Esta mellora de lugo.es, foi anunciada hai uns días pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e permitirá a todas as persoas que o desexen, ver o transcurso dos Plenos municipais mentres se están a desenvolver.
Dende mañá, mércores 3 de setembro, a Oficina Municipal de Turismo, sita no Centro de Interpretación da Muralla na Praza do Campo, porá a venda un total de 2.000 entradas para asistir ao concerto que El Canto del Loco ofrecerá durante as festas de San Froilán.
As entradas, que terán un custo de 28 euros, poderán adquirirse na oficina no seu horario habitual entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e en horario de tarde entre as 16:30 horas e as 20:00 horas.
Ademais, as entradas poderán mercarse a través da páxina web www.servicaixa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1672
- 1673
- 1674
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- …
- seguinte ›
- última »