O Concello de Lugo estivo presente na duodécima edición de INTUR (Feira Internacional de Turismo Interior) que se celebrou en Valladolid entre o 27 e o 30 de novembro.
Baixo o lema Entra a un turismo diferente, a edición albergou a uns 1300 expositores pertencentes a 12 paises e a uns 44.000 visitantes.
Nesta edición de INTUR, “Turismo de Lugo” tivo a posibilidade de dar a coñecer a súa oferta turística a través do material de promoción turística que ata alí se trasladou.
El Ministerio y la Xunta colaborarán en la construcción de 43 viviendas protegidas en régimen de alquiler en Esteiro y 32 en As Pontes
El Ministerio invertirá 1,5 millones de euros en la rehabilitación de la iglesia de San Pedro de Alcántara, en Mondoñedo, y del entorno de la misma
SEPES y la Consellería suscriben un protocolo marco de colaboración para el ejercicio de una acción coordinada en al promoción de suelo para vivienda protegida
El Ministerio de Vivienda ha suscrito con la Xunta de Ga
A terceira edición da Ludus Party.net arrinca esta tarde coa participación de 650 internautas que ao longo de catro días poderán disfrutar dunha intensa programación organizada pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Bolos, José Martínez, e o Presidente do Club Bowling Milesios, Vicente Aguirre, presentaron o Campionato de España Individual de Bowling Trofeo Presidente que terá lugar esta fin de semana nas dúas boleras da cidade.
O Concelleiro que sexa un verdadeiro éxito e que faga visible a cantidade de xente que disfruta co deporte dos bolos na cidade de todas as idades.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron no Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra o novo libro de Eduard Estivill e Yolanda Sáenz de Tejada: ¡A jugar!. Este novo libro afronta o reto de que os nenos e nenas aprendan os bos hábitos de comportamento nos ámbitos tan diversos como a alimentación, a hixiene, a lectura ou o soño.
Ás veces aos pais e nais cóstalles inculcarlles estes bos hábitos aos seus fillos e fillas.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, e o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, a VII edición da carreira popular Lugo Monumental.
Esta proba terá lugar o domingo 21 de decembro e xa cumple a súa setima edición consolidándose no ranking de carreiras galegas e sendo moi ben valorada polos participantes.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, fixo hoxe balance dos investimentos realizados pola súa Concellería nos últimos anos nos centros educativos públicos da cidade.
A Concelleira explicou como ano tras ano foise aumentando o orzamento adicado á realización de obras de mellora das infraestruturas dos colexios lucenses. Así, no ano 2003 contábase con 155.751 euros, no 2004 con 158.088 euros, 168. 227 euros no ano 2005 e 274.462 no ano 2006.
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta mañá na localidade guipuzcuana de Azpeitia que lle costou a vida ao empresario vasco Ignacio Uría Mendizábal.
A Corporación Municipal, representando ao pobo de Lugo, súmase á dor da familia do falecido e condena este brutal atentado que non ten ningunha xustificación.
Ratificamos o noso compromiso de actuar unidos contra este inimigo da sociedade democrática que é o terrorismo, e queremos manifestar unha vez máis que estamos ao carón de todas as mulleres e homes que loitan sen descanso
Un grupo de cincuenta rapaces e rapazas que cursan 3º de primaria no colexio lucense dos Salesianos aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a XI Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.
Trátase dun certame que cada ano esperta todos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. Na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán frente aos 13 relatos en galego no 2003.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- …
- seguinte ›
- última »