O servizo Quita e Pon amplía o seu horario, mantendo os colectores de lixo nas rúas do centro histórico durante toda a noite
Os centros dependentes do Concello de Lugo comezan os seus horarios especiais durante o Nadal para ofrecer o mellor servizo á cidadanía durante as festas.
As dependencias do Concello (Casa do Concello, edificio administrativo do Seminario,…) manteñen o seu horario habitual.
A noite de fin de ano o Concello porá en marcha o servizo de Bus Búho para que a xente deixe o coche na casa
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, recibiu hoxe o certificado de calidade ISO 14001:2004 e ISO 9000:2000 que acreditan cunha norma internacional o compromiso deste servizo coa calidade na xestión e o respecto ao medioambiente.
No acto estiveron presentes o presidente de Monbus, Raúl López, o xerente de Bureau Veritas, José Manuel Sánchez e o presidente da Asociación de hostalería, Francisco Real.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou a proposta para a aprobación definitiva das ordenanzas fiscais do 2009, que mañá irá ao Pleno do Concello.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o coordinador do proxecto, Víctor Pollán, presentaron a primeira edición dos Obradoiros Matemáticos que organiza o Concello de Lugo.
Trátase dunha iniciativa formativa dirixida aos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, para que aprendan as matemáticas dun xeito lúdico e divertido, ao tempo que afondan no seu coñecemento científico.
Os obradoiros comezarán o 10 de decembro, e celebraranse todos os sábados ata o remate do curso escolar, en horario de 10:30 a 12:00 horas, no Centro Multiusos "López Mella".
Protección Civil e a empresa Urbaser estiveron botando sal durante a noite e mañá de hoxe, día 22 nas seguintes rúas da cidade
Ronda da Muralla (pasarela de Montero Ríos), Ronda da Muralla desde o multiusos da Xunta ata a porta de San Fernando, porta Falsa, plaza da Constitución, centros médicos, Rúiz de Alda, Sto Domingo, rúa Alta, paso elevado e inmediación da estación de ferrocarril, praza de Avilés, Alfredo Brañas, Lamas de Prado, Comandante Manso e as zonas que habitualmente se atenden por ser sombrías e afectar máis as baixas temperaturas.
Antes do 21 de decembro publícanse os plegos tipo de condicións
Para o Alcalde o fundamental é comezar a traballar o antes posible coas empresas lucenses
Os 16.610.880 euros propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron a memoria dos proxectos que se inclúen no Fondo Estatal de Investimentos Locais para o ano 2009.
O proxecto do Plan Director do Parque Rosalía de Castro mantivo dun xeito escrupuloso os seguintes principios:
a) Conservar todos os valores existentes de tipo histórico, ambiental, botánico, paisaxístico, arquitectónico, constructivo, tipolóxico, estilístico, formal, educativo… existentes no parque.
b) Recuperar ou rehabilitar valores de todo tipo existentes anteriormente e hoxe desaparecidos ou danados.
c) Introducir novos valores que
A Delegada de Urbanismo, María Novo, anunciou hoxe o cambio de data do Pleno que estaba previsto para o vindeiro martes 23 de decembro.
María Novo explicou que este cambio se debe a que, unha vez que o equipo técnico do Concello comezou o traballo de analise das contestacións que as redactoras do plan fixeron ás alegacións, detectaron que algunhas non teñen xustificada dabondo a resposta. “Estivemos estudando as alegacións sen descanso ao longo de todo o día de onte e esta noite, e consideramos que falta fundamentación nalgunhas alegacións.
O Alcade de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiron o acto de entrega dos premios do XIV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.
O Alcalde felicitou aos gañadores pola “calidade dos seus traballos” e agradeceulles o esforzo de plasmar “imaxinación e sentimentos” nos seus escritos.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, acompañado polo xerente de Urbaser, Juan Ángel Moreno, presentou unha nova campaña informativa do Concello de Lugo para concienciar á cidadanía da importancia de respectar os horarios de baixada e recollida do lixo na cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- 1650
- …
- seguinte ›
- última »