O Concello de Lugo, mantén aberto ata o 10 de xaneiro o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, para solicitar sete bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas europeas. Estas axudas van dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, titulados no eido da formación profesional nos tres últimos anos.
Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido e falado como escrito.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou a ampliación da Oficina de Información Europea do Concello de Lugo que se puxo en marcha o pasado mes de xullo.
Esta oficina convertiuse nun proxecto pioneiro en toda Galicia co que o Concello de Lugo trata de dar resposta á demanda de información dos lucenses sobre aspectos relacionados co mercado laboral europeo e coa súa formación no estranxeiro.
Esta Oficina, ubicada no complexo CEI-NODUS, ofrece información relacionada coa mobilidade xeográfica, as prácticas laborais en empresas, e o emprego nos países da Unión
Esta fin de semana a capital de Lugo alberga a 1ª fase do VII Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que está organizado pola Fundación Azkar, o Azkar Lugo FS e a Escola de fútbol sala Terra.
A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no Salón de Comisións da Casa do Concello aprobou un investimento de 271.000 euros para a subministración e instalación de xogos infantis e unha área biosaudable para maiores en diferentes parques e xardíns da cidade.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, enumerou as actuacións que se levarán a cabo nas seguintes zonas verdes:
- Instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín de praza das Illas (Montirón) por 50.000 euros.
- Instalación dunha área biosaudable para xente maior
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel díaz Grandío recibiron esta mañá na Casa do Concello ao deportista Maximiliano Rodríguez Magi.
O deportista de orixe arxentino afincado en Lugo, recibiu os agradecementos da corporación municipal por levar o nome da cidade ben lonxe.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón e o membro da directiva Eugenio Rodríguez Nuñez, presentaron a 14ª edición da carreira pedestre San Silvestre 2008 que terá lugar o día 31 de decembro.
O responsable municipal de Deportes destacou a vixencia dunha carreira coma esta que pervive logo de 14 anos e con numerosos seguidores: “neste momento xa contamos con máis de 400 inscritos só nas categoría de adultos.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, entregou os premios aos participantes na décimocuarta edición do certame Educar para Previr que este ano contou coa participación de máis 2.000 estudantes de Primaria (de 6 a 12 anos) dunha vintena de centros educativos da cidade.
A cifra de participantes multiplicouse dende que o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo comezou a celebrar este certame no ano 2003, cando contou con 742 participantes.
A concellería de Xuventude acaba de anunciar que a inscrición para participar na VI edición do xogo A Busca do Tesouro, estará aberto ata o día 26 de decembro para compensar os días festivos desta semana nos que estará pechada a Oficina de Información Xuvenil.
Tal e como estab previsto o luns 29 e o martes 30 de decembro terá lugar en Lugo a VI Edición do xogo da Busca do Tesouro, que organiza a Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.
Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 6 edicións dentro das activid
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- …
- seguinte ›
- última »