A primeira edición dos Obradoiros Matemáticos que organiza o Concello de Lugo dende a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comezan mañá sábado 10 de xaneiro.
Ata o remate do curso escolar, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, participarán nestes obradoiros todos os sábados de 10.30 ás 12.00 horas no Centro Multiusos López Mella.
O obxectivo é que os mozos e mozas aprendan as matemáticas dun xeito divertido e lúdico ao mesmo tempo que melloran os seus coñecementos sen ningunha presión a través dos xogos.
Os asistentes participarán en actividades de cálc
A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada esta mañá aprobou a contratación para a realización do proxecto dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa por un importe de 20.000 euros.
Este novo ximnasio é un dos 79 proxectos que se inclúen no Fondo Estatal de Investimentos Locais para o ano 2009 e que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.
O novo ximnasio que vai construir o Concello de Lugo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e maila conselleira de Política Territorial, María José Caride, presentaron hoxe o anteproxecto do equipo Paredes Pedrosa Arquitectos S.L.
O Alcalde de Lugo pediu o fin do conflito na franxa de Gaza “precisamos unha paz global”
Ferrol recoñece coas súas máximas distincións a labor de José Luis Pego e do Proxecto Esmelle e á poetisa Julia Uceda como Filla Adoptiva
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por unha parte da Corporación municipal lucense, participou en Ferrol no programa de actos da festividade de San Xiao, que este ano se celebra no Teatro Jofre.
Coincidindo con esta data, o Concello nomeou Filla Adoptiva da cidade á escritora sevillana Julia Uceda
O Fondo Galego de Cooperación co que colabara o Concello de Lugo, en nome do Comité Español da UNRWA, realiza unha chamada de emerxencia para solicitar axuda ante a grave situación humanitaria que neste momento vive a poboación de Gaza.
Aquelas persoas que queiran colaborar económicamente poden aportar os seus donativos na conta de emerxencia, 2091 - 0209- 103040019000 de Caixa Galicia indicando: Refuxiados Palestinos en Gaza.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Jorge Mato, presentaron esta mañá o XXI Campionato Galego en sala de tiro con arco que terá lugar o vindeiro sábado 10 de xaneiro na cidade.
Un total de 90 arqueiros e arqueiras, os mellores de toda Galicia, competirán dende as 16:00 horas no polideportivo do IES Lucus Augusti. A ronda eliminatoria terá lugar a partir das 20:00 horas e sobre ás 20:45 horas realizarase a entrega de trofeos aos gañadores de cada unha das categorías.
O Concelleiro agradeceu á F
O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela organizaron hoxe unha xornada baixo o nome “Lugoemprende na Universidade” na que estiveron presentes a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e os decanos das facultades de Administración e Dirección de Empresas, Humanidades, Ciencias e Veterinaria, ademais dos directores da Escola Técnica Superior e das Escolas de Enfermaría, Maxisterio e Relacións Laborais.
O obxectivo desta xornada foi presentar as actividades que levará a cabo o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo en colaboración coa USC para
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe na presentación dos camións que a empresa lucense Transportes Valín rotulou coa imaxe da Muralla Romana de Lugo e que percorrerán boa parte do mundo exportando o emblema que define a capital lucense.
Son 40 traillers de máis de 17 metros de longo, que fan traxectos nacionais e internacionais e que a partir de agora levarán o nome de Lugo, o símbolo da muralla e a marca E para comer, Lugo que promociona a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo que participa neste proxecto.
A idea naceu a propos
Mañá xoves 8 de xaneiro comezan as clases prácticas de Educación Vial organizadas pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo para os escolares lucenses.
Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria de 25 centros da cidade realizarán prácticas de bicicleta e cart no Parque Infantil de Tráfico López Mella situado no parque de Frigsa.
Os primeiros estudantes en participar nestas clases serán os do colexio Fingoi que realizarán as prácticas a partir das 10:00 horas de mañá.
Hoxe mércores, día 7 de xaneiro, comezan en Lugo de xeito oficial, a primeira tempada de rebaixas do ano.
As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.
Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1640
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- 1648
- …
- seguinte ›
- última »