Boas noites queridos nenos e nenas! Boas noites a todas e todos!
Aquí estou un ano máis, acompañado dos meus amigos, os Reis Gaspar e Baltasar, nesta fermosa cidade, na que sempre somos tan ben recibidos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, aproveitando a chegada do novo ano quixo facer balance do ano 2008. Indicou que “a oposición fai o seu traballo, opoñerse, criticar, senón non sería oposición. Agora ben, os datos non xustifican esa crítica.
Como cada ano, os Reis Magos chegan nesta tarde do día 5 de xaneiro a Lugo, cunha cabalgata que se converteu xa no acto máis agardado polos lucenses dentro do programa das festas de Nadal que organiza a Concellería de Cultura, dirixida por Concepción Burgo.
O voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no Concello de Lugo.
O Concelleiro explicou que nesta primeira xuntanza do ano aprobouse, entre outros asuntos, a contratación das obras de infraestruturas e pavimentación das seccións número 9, 14, 15, 18 e 19 do Cemiterio Municipal de San Froilán.
As obras a realizar inclúen os traballos de pavimentación para estradas e rúas así como traballos de construcción e conduccións de auga: canalizacións soterradas para a evacuación das augas pluviais e a execuc
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe o inicio do prazo de inscrición na primeira fase das accións formativas que inclúe o proxecto europeo Lugo, emprego activo.
O Concello de Lugo vai a realizar unha forte aposta en políticas de fomento do emprego ao longo do ano 2009, para tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses.
Hoxe, martes 30 de decembro, rematou o prazo para participar na XI Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo e que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: en galego e en castelán.
Trátase dun certame que cada ano esperta todos moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional.
A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Carmen Basadre, organiza, un ano máis, a cea de Fin de Ano para persoas soas, no marco do programa “Nadal en compañía”.
“Nadal en compañía” vai dirixido a aqueles veciños e veciñas de Lugo que están sós, e a aqueles matrimonios ou parellas maiores que non teñen con quen pasar estas datas.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, manifestou a súa satisfacción pola alta participación da sexta edición da Busca do Tesouro organizada pola súa Concellería co obxectivo de que os mozos e mozas de Lugo o pasen ben mentras coñecen mellor a cidade e a súa historia.
Esta actividade celebrouse entre a xornada de onte, luns 29 de decembro, de hoxe, 30 de decembro, dentro do marco do programa de actividades de Nadal organizado polo Concello.
O Concello de Lugo aprobou conceder a sete persoas maiores dependentes subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas, para o que destinará un total de 26.400,75 euros.
Esta concesión de subvencións está destinada a propietarios e inquilinos de vivendas sitas na cidade de Lugo co fin de acometer obras de reparación, rehabilitación, adaptación e mellora da accesibilidade e habitabilidade das mesmas.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Transportes que dirixe José Rábade, porá en marcha na noite de mañá 31 de decembro, o coñecido como Bus Búho que funcionará desde a 01:00 da madrugada ata as 08:00 da mañá.
Mandáronse cartas informativas aos establecementos hostaleiros da cidade co horario deste servizo especial da noite de fin de ano para informar á poboación e se colocou información nos propios autobuses xa que para o equipo de Goberno é importante que a xente deixe o coche na casa e o pase ben, sen riscos ao volante.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1639
- 1640
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- …
- seguinte ›
- última »