A Delegada da Área de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, lembrou que o vindeiro mércores, 25 de febreiro abrirá as súas portas a Oficina Municipal de Información sobre o Plan Xeral de Ordenación e que, ademais, ese mesmo día “dende o Concello comenzaremos a contestar persoalmente ás alegacións que presentaron cada un dos veciños”.
A Delegada insistiu en que as alegacións non foron contestadas con anterioridade nin se abriu antes a oficina xa que o documento aprobado inicialmente en pleno tivo que ser dilixenciado polo Secretario e os técnicos municipais estiveron a incorpora

Co gallo do Entroido 2009 e, como xa ven sendo tradición, a Escola Municipal de Patinaxe celebrará unha festa de disfraces no Pavillón Municipal da Piringalla sito na rúa Angelo Colocci.
Esta festa terá lugar o mércores 18 de febreiro en horario de 18:00 a 20:00 horas. Están invitados todos os alumnos e alumnas da escola, así como os seus pais e nais, e amigos que poderán animarse e porse os patíns para probar esta emocionante aventura.

A Delegada da Área de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, lembrou que o vindeiro mércores, 25 de febreiro abrirá as súas portas a Oficina Municipal de Información sobre o Plan Xeral de Ordenación e que, ademais, ese mesmo día “dende o Concello comenzaremos a contestar persoalmente ás alegacións que presentaron cada un dos veciños”.
A Delegada insistiu en que as alegacións non foron contestadas con anterioridade nin se abriu antes a oficina xa que o documento aprobado inicialmente en pleno tivo que ser dilixenciado polo Secretario e os técnicos municipais estiveron a incorpora

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao Consejero de Política Territorial, Justicia e Interior do Goberno de Aragón, Rogelio Silva Gayoso, que mañá, domingo 15 de febreiro, realizará o pregón da Feira de Entroido de Nadela organizada polo Concello de Lugo e a Asociación Carballeira de Nadela.
O Alcalde afirmou que é unha satisfacción recibir a un lucense que ten un alto cargo na Comunidade Autónoma de Aragón “é unha honra para a cidade ter a un fillo seu nun destino tan importante”.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a segunda edición da Mostra de Teatro Galego organizada pola súa Concellería. Baixo o título Xoves de humor o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de tres pezas galegas os días 19 e 26 de febreiro e o 5 de marzo.
A primeira das obras en chegar á cidade será Anxeliños. A compañía Espello Cóncavo presentará a historia de Charli, un expolicía do réxime franquista que dirixe unha axencia de cobro de morosos.

O Ballet Clásico de Manchuria representará mañá, martes 17 de febreiro, a obra O último emperador, dentro da programación cultural organizada polo Concello de Lugo e Caixanova para o primeiro semestre do ano.
Esta actuación englóbase dentro dunha xira que a compañía de ballet realizará por diferentes cidades galegas e que arrincará no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O último emperador narra a historia do último mandatario da dinastía Ching, Pu Yi, que padeció o gran cambio social e político do seu país, despois da cruenta ocupación xaponesa.

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1613
- 1614
- 1615
- 1616
- 1617
- 1618
- 1619
- 1620
- 1621
- …
- seguinte ›
- última »